O norteamericano J.F. Kennedy fixo moi popular o aviso de que é posible enganar a todos durante algún tempo, a algúns durante todo o tempo, pero non se pode enganar a todos todo o tempo. Na política española hai moitos representantes institucionais que aínda non entenderon o que quería dicir J.F.K. É evidente que non o entenden nin Pedro Sánchez nin o seu delegado en Galicia, Gonzalo Caballero. Políticos así teñen cansa, moi cansa á sociedade. Por iso, cando os cidadáns escoitan unha mensaxe que responde á verdade, que fala da realidade constatable día a día, que expón proxectos de goberno solventes, senten como un aire fresco que lles devolve a confianza na política. Foi o caso do discurso do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, no recente debate do estado da Autonomía. Feijoo deixou na súa intervención a marca dos grandes líderes, dos que coñecen o seu territorio e a súa poboación, os que identifican os problemas e deseñan solucións mirando cara ao futuro. En síntese, un líder que fai o que fan os verdadeiros líderes políticos: dicir á verdade e xestionar á realidade.
A liña marcada por Feijoo no debate do estado da Autonomía diverxe de maneira rotunda coa mantida polo socialista Pedro Sánchez. Dende a súa abrupta chegada á presidencia do Goberno, Sánchez instalouse na posverdade, ese neoloxismo que expresa distorsión da realidade, e no relato, é dicir, pura estratexia comunicativa. Todo conto e nada de xestión. E así estamos hoxe en Galicia afrontando a crise de dúas empresas fundamentais para a provincia de Lugo, Alcoa-San Cibrao e As Pontes. A inexistente xestión da transición enerxética pon a esas dúas empresas en situación de inquedanza e a miles de traballadores galegos diante dun futuro cargado de temores. Pola contra, o presidente de Galicia lanzou mensaxes moi claras de apoio e de decisión de non permitir que se produzan peches sen alternativas para os traballadores e para as comarcas. Feijoo deixoullo claro a Pedro Sánchez nos últimos días en varias ocasións: o Goberno central non pode seguir actuando en todo sen pensar no que se leva por diante. Pero parece que os socialistas teñen xa trazado un camiño. Só así se pode explicar, que non entender, que o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, votara en contra da proposta do PP para instar ao Goberno a adoptar medidas para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao. Foi incapaz, pese á imaxe institucional que busca para si, de manter o consenso político imperante ata agora sobre esta cuestión, incluso baixo a presidencia provincial de Gómez Besteiro. Os galegos en xeral, e os lucenses en concreto, poden estar seguros de que o PP será un máis, e moi activo, na loita por manter o tecido industrial de Galicia.
O debate do estado da Autonomía deixou a imaxe de Feijoo como líder político sólido, consolidado e fiable. É unha imaxe que se contrapón á do socialista Pedro Sánchez e a do seu delegado Gonzalo Caballero. Ningún dos dous quere entender que os cidadáns buscan líderes que non substitúan a verdade pola posverdade nin a xestión polo relato. Feijoo resumiu os grandes avances de Galicia desde 2009 e trazou o camiño a seguir, con proxectos claros para fortalecer o tecido industrial, apoiar a investigación, estimular a natalidade, respaldar a agricultores e gandeiros, e que os mozos e mozas teñan moito máis fácil proxectar o seu futuro en Galicia. Como Feijoo no falaba a fume de pallas, concretou iniciativas no campo sanitario, no da educación, no da tecnoloxía, etcétera. E así foi quedando claro que, fronte ao egoísmo narcisista de Pedro Sánchez, en Galicia a Xunta ten un presidente que expón sen medias tintas: «O de menos é o futuro dos que estamos aquí. O demais é que Galicia ten despexado o seu para os próximos 12 meses e hai que garantir un futuro certo para os próximos 12 anos». Ou o que é o mesmo, Galicia ten un Goberno formado por homes que mulleres que, como dicía J.F.K, non se preguntan que pode facer o país por eles, senón que non deixan de preguntarse que poden facer eles polo pais. Feijoo foi explícito: «As galegas e os galegos poden contar coa Xunta de Galicia e poden contar comigo».
Elena Candia
Presidenta provincial do PP



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.