Burela, 12 de novembro de 2019.- Os máis de 3,5M€ que a Xunta destinou a Burela no que levamos de ano consolidan a administración autonómica como a que maior esforzo inversor está a facer, con gran diferenza, no municipio. Así o asegura o concelleiro electo e presidente do PP, Manuel Rouco, logo de manter unha reunión co delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, na que se interesou polas obras e servizos que o Goberno galego impulsa no municipio.
Así por exemplo a Xunta vén de rematar a obra de remodelación integral do colexio Virxe do Carme de Burela, na que se investiron preto dun millón de euros ou á posta en marcha do obradoiro de emprego que Burela comparte cos municipios veciños de Cervo e Xove, de inicio inminente.
Ademais, o Goberno galego destina cada ano 400.000 euros ao sostemento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes e 313.000 euros adicionais para impulsar as obras e servizos que o propio Concello determine, neste caso, a cargo do Fondo de Cooperación Local.
Obras futuras máis inminentes
Entre os proxectos futuros máis inminentes promovidos pola Xunta está a obra de mellora da estación de autobuses (71.700 euros), e remodelación da rúa Hórreo (que a Xunta financia cunha achega de 120.000 euros) que poderán executarse antes de que remate o ano.
Pero as actuacións máis relevantes pola súa dimensión e contía son as centradas nas melloras portuarias. A Xunta está a piques de adxudicar a obra de construción do 2º martelo do porto, que contribuirá a mellorar o abrigo e seguridade na dársena (1,3M) e xa rematou de redactar o proxecto técnico de reforma da nave de redes (287.000 euros) que entra así en fase de contratación.
Outras partidas relevantes son as destinadas aos patrocinios deportivos: Burela Fútbol Sala (5.491,91 euros), Sociedade Deportiva Porto de Burela (1.406,46 euros), Club Baloncesto Burela (1.875,29 euros) e outros patrocinios (87.750,93 euros). A Xunta tamén destinou 11.089 euros a apoiar a programación cultural local, a través do circuito Rede galega de teatros e auditorios.
A Xunta principal sustento dos servizos públicos
Con todo, os 3,5M€ que a Xunta investiu no municipio son froito de investimentos directos, pero non hai que esquecer que a administración autonómica tamén garante con cargo aos seus orzamentos o funcionamento dos principais servizos públicos da localidade: o hospital, as dúas escolas infantís, os colexios e institutos, o centro de saúde, e constitúe o financiamento principal de servizos como os de atención temperá, centro de información á muller, servizos sociais, ect…










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



