Viveiro, 1 de novembro, 2019. As formacións políticas que compoñen a corporación municipal de Viveiro e que se presentan ás diferentes convocatorias electorais, comprometéronse públicamente a respectar antes do comezo de cada campaña electoral a moción do BNG, que pedía declarar Viveiro libre de contaminación electoral.
O goberno do PSOE de Viveiro incumpriu co acordado na sesión plenaria para que Viveiro esteña libre de contaminación electoral. A moción do BNG aprobada no pleno de outubro, decía que tiña que “habilitarse por parte do Concello, naqueles espazos públicos máis estratéxicos das parroquias do concello, soportes (paneis, taboleiros…) temporais ou permanentes acordes coa estética da contorna onde poderán colocar a súa propaganda electoral os partidos políticos que se presenten ás diferentes convocatorias electorais, co espazo delimitado por igual para todos os partidos.”
Míriam Bermúdez aclara: “a desidia e ineficacia por parte do PSOE non se contaxiará ao BNG, nós comprometémonos igualmente a cumplir co acordado na sesión plenaria, faltaría máis, polo que únicamente colocaremos propaganda nalgunha das farolas e nos únicos taboleiros existentes emprazados nos Xardíns Noriega Varela.”



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



