Lugo, 26 de novembro de 2019. Só o Grupo do PP defendeu no pleno celebrado pola Deputación de Lugo o dereito dos pais a elixir centro educativo, cuestionado pola ministra de Educación. Pola contra, e así o manifestaron co seu voto, o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego opuxéronse á moción presentada polos populares. Ía destinada a apoiar este modelo que na provincia afecta a 7.000 nenos e a 573 mestres, e resposta, tal e como expuxo a voceira, Elena Candia, a que se garanta “un dereito universal”, que figura recollido na Constitución Española e na xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional en relación ao artigo 27, que sitúan no mesmo plano de igualdade o dereito á educación e a liberdade de ensinanza, mediante un desenvolvemento harmónico de ambos dereitos.
Os populares sosteñen que “os pais son os primeiros responsables da educación dos seus fillos” e que ese papel non pode ser substituído nin condicionado polo Estado; ao contrario, os pais deben ter a seguridade de que o Estado protexe e garante os seus dereitos. Elena Candia lembrou que “non foi casualidade que no título primeiro da Constitución -De los derechos y deberes fundamentales- figure o artigo 27: Todos tienen derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza”.
“Ministrofakes”
“É o momento onde os grupos políticos teñen que dicir se están á dereita ou á esquerda e esixirlle á administración sen ter en conta as cores políticas. Estamos a falar de dereitos universais e non cabe a ambigüidade”. A este respecto, e logo das aseveracións realizadas polos deputados dos outros grupos que actuaron como voceiros, sobre todo, as do Bloque Nacionalista Galego, nas que o deputado afirmou publicamente que están a favor da supresión deste modelo educativo, a popular manifestou: “o que nos asusta son os ministrofakes, que certifican e poñen en perigo Alcoa, As Pontes ou os centros concertados. O que parecía que era unha nova etapa de normalidade, está a servir para escoitar as verdades. Así aconteceu co BNG, que acaban de dicir que o centros desaparezan. Cando toca votar ou decidir, hai que dicir si ou non. Igual que cos 700 millóns ou co polígono de Riotorto”. O que se pretende, explicou, é facer convite ao Partido Socialista, “que foi a un gran partido, e que en asuntos de Estado cremos que ten que haber acordos”.
Propostas do PP
As propostas que recollían os populares para debater no pleno da Deputación conclúen na adopción de acordos para “respectar e defender a Constitución Española e a xurisprudencia emanada do Tribunal Constitucional en relación ao artigo 27, que sitúan no mesmo plano de igualdade o dereito á educación e a liberdade de ensinanza, mediante un desenvolvemento harmónico de ambos dereitos”. Así coma “garantir que os pais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos, elixan o tipo de educación e o centro educativo onde escolarizar aos seu fillos”.
Igualmente, o Grupo Provincial do PP pretendía que a Deputación acordase “defender a rede de centros concertados como garantes da existencia dunha oferta plural complementaria á rede pública, tal e como manifestou o Tribunal Constitucional, e, polo tanto, a liberdade de elección das familias, asegurando a igualdade de oportunidades das mesmas no exercicio deste dereito o que implica que ambas redes, pública e privada-concertada terán que ter os recursos necesarios que aseguren este dereito”.
Do mesmo xeito, os populares propoñían “promover e respaldar a autonomía organizativa e pedagóxica dos centros, respectando o carácter propio dos mesmos, para desenvolver proxectos educativos de calidade que poidan responder ás inquietudes e prioridades das familias, co fin de que estas poidan elixir con total liberdade”.
Entre as propostas de acordo incluíase tamén “garantir a existencia e gratuidade dos centros de educación especial tanto na rede pública como privada – concertada como garantes da liberdade de elección das familias” e “respectar e cumprir o artigo 27º3 da Constitución que obriga aos poderes públicos a garantir o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións”.
Os populares tamén defenderon a chamada a “abandonar calquera intento dirixido a suprimir a demanda social do artigo 109.2 da LOMCE como factor determinante por parte das administracións á hora de ofertar as prazas educativas”. E, por último, coa súa iniciativa propoñen “dar traslado destes acordos ao Goberno de España para que, a través do cumprimento de todos os puntos desta proposta, defenda e garanta as liberdades educativas consagradas na Constitución Española”.
Anteproxecto de Lei da auga
Pola súa parte, o deputado popular Javier Castiñeira desmontou os argumentos do goberno provincial na proposta que presentou para pedir a retirada do anteproxecto da Lei de Creación da Sociedade para a Xestión do Ciclo Integral da Auga. Dixo que os partidos do goberno da Deputación encheron a provincia de propaganda electoral reclamando a remunicipalización de servizos e a xestión pública dos mesmos. «E agora resulta que á hora da verdade non lles gusta e piden a retirada do anteproxecto de lei». Destacou as inversións efectuadas pola Xunta en infraestruturas de abastecemento e, en clave irónica, mostrouse convencido de que o Concello de Monforte, do que é alcalde o presidente da Deputación, será o primeiro en apuntarse a este modelo. Aludindo a que se di que a Xunta pretende crear a Sogama da auga, Castiñeira destacou que Sogama é un exemplo de funcionamento.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



