A Concelleira de Cultura Dolores Meitín, quen elabourou o deste vindeiro ano 2020, fixo a presentación do mesmo. O calendario amosa nas súas páxinas un conxunto de fotografías antigas no que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas. Dende o Concello agradécese a tódalas persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos; tamén un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografías e que xa non nos acompañan.
Como cada ano o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo
-
Seguinte
A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFAN) de Burela levará a cabo en Barreiros o Programa Rede Paraugas Alzheimer Rural, dirixido a familiares coidadores de persoas que sofren algún tipo de demencia no rural galego e promovido pola Fundación Barrié e a Federación de Alzheimer de Galicia en colaboración co Concello de Barreiros






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.