Barreiros, 19 de decembro de 2019.- A deputada provincial de mocidade, Mónica Freire Rancaño, visitou nestes días a escola infantil municipal de Barreiros acompañada dunha delegación do goberno municipal, onde fixo entrega de varios exemplares do libro editado pola institución provincial “Coloreando a provincia de Lugo” para a súa distribución por parte do executivo barreirense.
Os exemplares repartiranse como agasallo de Nadal ás nenas e nenos do centro municipal co fin de que “desde as idades máis novas teñan nas súas mans, dun xeito didáctico e divertido, algúns dos lugares máis fermosos de Lugo”, explica a deputada.
Nos libros poderán darlle cor a lugares que lles resultarán familiares, como a praza da catedral de Mondoñedo, a praia de Augas Santas de Ribadeo ou o porto de Burela. E tamén poderán achegarse á muralla romana de Lugo ou aos Ancares.
A concelleira barreirense de educación, Montse Porteiro, agradece a colaboración da institución provincial e remarca a importancia de pór en valor o patrimonio desde as idades máis novas, incidindo en que por medio das nenas e nenos estes lugares tamén chegarán ás persoas adultas coas que poden compartir ese tempo de lecer, aprendendo mentres xogan a colorear.
Estes exemplares tamén serán repartidos polo concello a xeito de premio nos distintos eventos culturais que se celebren no municipio, co fin de que cheguen a todas as familias posibles e poidan servir tamén de escaparate para a provincia.
Pases gratutítos para o XuvenLugo
A área de mocidade da deputación que dirixe Mónica Rancaño tamén fixo entrega ao Concello de Barreiros dun lote de pases gratuítos a XuvenLugo, que se distribuirán nos diferentes actos de Nadal organizados pola concellería de dinamización. Dani García, concelleiro de dinamización, manifesta que “é un xeito de aproveitar os recursos públicos que se invisten nese evento e que chegue tamén a lugares máis distantes, como pode ser Barreiros. Así, as nenas e nenos que participen nas actividades de Nadal do concello poderán ter un pase gratuíto a este evento no que as distintas administracións colaboran.”
O XuvenLugo é unha feira de lecer familiar que se vén celebrando en Lugo desde hai máis de vinte anos no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, que se está a desenvolver en horario de tarde, desde as 16:30 até as 20:30 horas, entre os días 5 de decembro e 7 de xaneiro.
O recinto inclúe unha sección dedicada exclusivamente aos nenos de 0 a 3 anos, tamén ludoteca, inchables, unha zona de xogos recreativos, atraccións mecánicas, unha pista de minigolf, outra de slot, unha pista multiaventura, o touro mecánico e o rocódromo, entre outros atractivos para os nenos.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



