Lugo, 20 de decembro de 2019. O voceiro de En Marea, Luís Villares, reuniuse co comité de empresa de Muebles Hermida para coñecer a situación na que se encontra a empresa e para explicarlles as propostas para solucionar a actual crise, propostas que serán defendidas por En Marea no Parlamento. A liña de actuación que defende En Marea para a situación desta empresa e da súa plantilla, que leva catro meses sen cobrar os salarios, é a da intervención da Xunta por medio do Igape, unha intervención que debe ter, segundo o voceiro de En Marea, dous sentido, recuperar a empresa e conseguir que os traballadores cobren.
Para estas dúas accións, Villares explicou a necesaria intervención do Igape. “No primeiro caso -segundo Villares- o Igape debe promover un cambio na dirección da empresa, toda vez que está comprobado que o problema de Muebles Hermida é de xestión e non de produción, nin de ventas”. O voceiro apuntou que o Igape “pode propiciar que a empresa cambie os métodos de xestión e deste xeito recuperar unha empresa tan importante”.
A segunda liña de acción que propón En Marea busca solucionar a situación da plantilla e os catro meses de atrasos, pero tamén abrir unha solución para a plantilla de empresas que se encontren en situación similar. Villares explicou que o Igape “debe adiantar á plantilla os cartos que cobrarán no futuro como resultado do proceso concursal”. Deste xeito, segundo o voceiro, “evitaríase que as familias das plantillas permanecesen sen cobrar uns cartos que lles corresponden e que tardan debido ao proceso do concurso”. Para o Igape “este adianto de cartos non ten custe financeiro, posto que ten asegurado a recuperación dos cartos en canto se resolve o proceso”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



