Viveiro, 19 de outubro, 2019. A moción presentada ao pleno da corporación municipal de Viveiro polo BNG para poñer en marcha un Plan Plurianual de Mantemento, Conservación e Rehabilitación da rede de estradas de titularidade municipal foi rexeitada de cheo polo goberno socialista. A proposta d@s nacionalistas non saíu adiante ao abstérense os grupos de Por e Son Viveiro e o voto en contra os socialistas.
@s nacionalistas propoñían destinar inicialmente a este Plan o 2% do orzamento municipal de 2020 e o 50% dos fondos correspondentes ao Programa de Investimentos do Plan Único 2020 da Deputación de Lugo, a través do cal pretendían que se levara a cabo unha análise do estado actual da rede viaria municipal, a planificación das actuacións nas estradas municipais a desenvolver por orde de prioridade e tipo de actuación (mantemento, conservación ou rehabilitación), e o estabelecemento dun calendario de obras para executar a partir do 2020. Todo isto co obxecto de que Viveiro e a súa veciñanza puidera contar cunha rede de estradas municipal en óptimo estado, ao entenderen desde o Bloque Nacionalista Galego, que isto é vital tanto para mellorar a seguranza, as condicións de circulación e a mobilidade da veciñanza, como para a vertebración interna do concello e a dinamización económica e crecemento de Viveiro.
O goberno socialista rexeitou o Plan proposto polo BNG, tras asegurar a rexidora viveirense María Loureiro, que no PSOE contaban cun programa de goberno avalado pola veciñanza e que xa tiñan o seu propio plan de arranxo de estradas. @s nacionalistas e a súa portavoz municipal Míriam Bermúdez, dubidan de que alguén, á marxe da propia alcaldesa, coñeza o programa de goberno que están a desenvolver os socialistas e dubidan do plan de estradas de Loureiro, posto que as obras de mantemento que vén desenvolvendo o seu goberno nas vías municipais nestes últimos anos, saltan á vista de que se están a facer sen ningún tipo de planificación nin programación de actuacións, que carecen de toda definición de obxectivos e dunha análise e diagnose da rede viaria local. “Una falta de planificación que trouxo como resultado”, denuncia Bermúdez, “o lamentábel e perigoso estado actual da rede viaria municipal, inclusive naqueles tramos das vías onde o goberno municipal realizou recentemente actuacións, que evidencian a provisionalidade das obras e fai das mesmas un mero parcheo sen futuro algún.”
Miriam Bermúdez lamenta que o PSOE se negue unha vez máis a aprobar actuacións que axudarían a mellorar a vida da veciñanza como nesta ocasión, que coa posta en marcha dun Plan de mellora das estradas municipais, evitariamos o estado actual de abandono das nosas estradas que carecen de beiravías, son estreitas, con cunetas sen limpar, perigosas curvas sen visibilidade e un firme cheo de fochancas, tal e como lles ocorre á veciñanza de Covas que camiña e circula pola estrada que vai desde Suasbarras ás Pallaregas.
@s nacionalistas advirten que non van a renunciar a este Plan, así como tampouco a outras actuacións prioritarias para xs veciñxs de Viveiro, e anticipan que o Plan será posto enriba da mesa novamente durante o debate do proxecto de orzamento de 2020. Proxecto que segue sen coñecerse a día de hoxe, a pesares de afirmar publicamente no mes de outubro a alcaldesa que xa estaban traballando nel, recórdanlle @s nacionalistas.


















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



