Ribadeo, 28 de xaneiro, 2020. Dende a Asociación Cultural Santa María do Campo e San Roque, e despois de telo meditado moito, queremos poñer de manifesto a nosa decisión de renuncia para continuar coa organización das Festas da Patroa e San Roque.
Os motivos que nos fan tomar esta decisión, son unicamente de carácter persoal, e iso engadido ó número tan reducido de persoas que formamos esta comisión, fai que sexa imposible continuar, polo menos, a corto prazo, con este labor.
Dicir que á espera de cobrar o 40% da subvención que temos pendente do Concello para realizar os últimos pagos, a Asociación queda libre de débedas e cun saldo en conta pendente de confirmar ata que estes se realicen, pero que estimamos nuns tres mil euros aproximadamente.
Agradecemos o apoio a todos os veciños e veciñas de Ribadeo e a todos os colaboradores que de maneira desinteresada nos axudaron a recorrer as rúas á hora de recadar donativos durante estes tres anos. Ó comercio, hostalería e establecementos que de maneira individual fixeron a súa aportación, e por suposto, ó Excmo. Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia.
Animamos a que en breve se forme unha nova comisión para continuar con esta organización, que, aínda que leva moitas horas e moito traballo, tamén resulta moi gratificante cando o día 9 de setembro espertas e comprobas que todo saíu como esperabas.
Un Saúdo,
Juan, Avelino e Marta