Ribadeo, 25 de xaneiro de 2020. O Concello de Ribadeo ampliará as súas dotacións deportivas coa instalación de dúas novas pistas de xogo no parque situado na rúa Rafael Fernández Cardoso, na vila de Ribadeo, e na praza da Santa Catalina, en Rinlo.
Os traballos iniciaranse na primavera despois de que a deputada da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinasen un convenio de cooperación para financiar as actuacións, que suporán un investimento total de 20.326 euros, do que 15.000 euros serán aportados pola entidade provincial e 5.326 polo Concello.
O rexedor explicou que “as pistas se ubicarán en dúas zonas de alta demanda de espazos de xogo por parte da mocidade, no caso do recinto da vila, a carón do IES Dionisio Gamallo Fierros e da Escola Oficial de Idiomas, lindando cunha zona de bastantes vivendas, e no caso de Rinlo no recinto do parque infantil de Santa Catalina, centro de ocio e esparexemento deste núcleo”.
Nesa mesma liña, a deputada provincial, Mónica Freire, sinalou que “a ampliación e mellora dos equipamentos públicos destinados á mocidade é un dos obxectivos principais marcados desde a Área de Mocidade, e nesa dirección estamos a traballar”.
Os novos recintos contarán cunha zona de xogo e esparexemento con pista en forma de octógono e dúas porterías.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
