Ribadeo, 24 de xaneiro de 2020. Concello e Acisa realizan un balance moi positivo do traballo realizado estes días en Fitur. O Ribadeo Indiano foi o protagonista das xuntanzas celebradas esta mañá.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “hoxe tivemos xuntanzas con dúas organizacións relacionadas co mundo indiano: a Xarxa de Municipios Indianos de Catalunya e a Rede de Municipios Indianos do Norte. Falamos dos aspectos nos que podemos colaborar e como mellorar a experiencia indiana”.
Vizoso Galdo subliñou que “cando estivéramos en Lloret de Mar xa manitvemos o primeiro contacto coa Xarxa de Municipios de Catalunya, relación que se mantén. E agora imos valorar a posibilidade de integrarnos na Rede de Municipios Indianos do Norte para seguir reforzando o Ribadeo Indiano así como os nosos lazos de unión con estes Concellos. Queremos tentar, entre todas estas asociacións e colectivos e outros máis que contan cun importante legado indiano de ultramar, traballar para conseguir un itinerario europeo indiano, como ocorreu no seu día co Camiño de Santiago. Ese sería o obxectivo final”.
O edil ribadense dixo que “tivemos reunións tamén con turoperadores e axencias relacionadas co Camiño de Santiago de cara ao próximo Xacobeo 2021. Estamos a facer fincapé en Ribadeo como punto de partida do Camiño Norte, xa que hai moita xente que elixe o noso concello para saír desde aquí e facer esta ruta cara Compostela. Sabemos que o peregrino escolle Ribadeo como punto da partida para facer o camiño e o que pretendemos é afianzar a Ribadeo como porta de entrada a Galicia a través do Camiño Norte. Queremos que o peregrino prepare en Ribadeo a súa ruta, que estea con nós un par de días facendo os seus preparativos e que aproveite para coñecernos un pouco máis”.
O concelleiro de Turismo engadiu que “neses encontros con axencias de viaxes tamén falamos da creación de diferentes rutas e experiencias para dar a coñecer Ribadeo e toda a súa riqueza paisaxística e monumental”.
Para Pablo Vizoso “o balance destes días de traballo é moi positivo e queremos destacar a presenza de hostaleiros de Ribadeo en Fitur e o traballo conxunto do Concello e de ACISA con eles. Quero agradecer a súa asistencia porque foi un apoio moi notable. A Concellaría de Turismo, en colaboración con ACISA, pretende establecer uns lazos máis fortes coa hostalería e co comercio”.
Pola súa banda, o xerente de ACISA, Jesús Pérez, agradeceu “esa forma de traballar cóbado con cóbado coa nosa asociación e cos hostaleiros de Ribadeo. Todos navegamos na mesma dirección, que é conseguir que cada vez Ribadeo reciba máis turistas e que ofrezamos o mellor de nós. Iso será bo para a economía local, para o seu comercio e para a súa hostalería e restauración”.
A delegación ribadense que acudiu a Fitur estivo encabezada polo alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, a técnico de Turismo, Begoña García, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente da asociación, Jesús Pérez. Xunto a eles estiveron un nutrido grupo de hostaleiros e empresarios de Ribadeo.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



