Preto de 30 profesores de sete países asisten ata o venres, no Centro Pedro Murias a este encontro en horario de mañá e tarde, que compaxinan con saídas para coñecer diversas localidades e referentes turísticos da Mariña e do Occidente asturiano. O martes visitaron Ribadeo e onte viaxaron ata Mondoñedo, despois de xantar nas instalacións do IES de Foz. Na cidade episcopal visitaron o Museo da Imprenta e tamén a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro. Hoxe, mércores, a expedición formada por profesores de Romanía, Lituania, Italia, Portugal, Turquía, Croacia e España desprázase ata a localidade asturiana de Taramundi.
