Mondoñedo, 28 de xaneiro do 2020. O BNG de Mondoñedo rexistrou unha moción que será debatida no pleno do vindeiro venres para que o concello restrinxa pola noite o acceso ao antigo cemiterio municipal coa finalidade de protexelo e evitar o seu deterioro.
O cemiterio vello mindoniense é un punto de visita promocionado polo concello xa que ademais de albergar a tumba de ilustres personaxes mindonienses como Pascual Veiga, Álvaro Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro, tamén ten a particularidade de contar con varios espazos diferenciados onde se soterraban as diferentes clases sociais da cidade.
Á súa vez, segundo indica o voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, o cemiterio encóntrase localizado dentro do conxunto histórico da cidade declarado, mediante Decreto 91/1985 do 2 de maio, Ben de Interese Cultural.
Para o BNG o camposanto, que é de titularidade municipal, presenta un moi mal estado de conservación das tumbas e dos panteóns, moitos elementos están deteriorados e outros están rotos ou con ameaza de caída.
Os nacionalistas din que se leva arrastrando esta problemática despois da reforma que se lle fixo ao entorno no ano 2005 para reconvertelo nun parque público de estilo inglés, “quitáronse as portas das entradas e creáronse outras novas aberturas no recinto, feito que agora imposibilita pechar o cemiterio pola noite para previr actos vandálicos que deterioran o lugar” e apuntan que nos últimos anos xa foron rexistrados varios casos que provocaron a rotura de lápidas roubos e a acumulación de lixo trala celebración de botellóns en noites de festa.
“Sabemos que a solución non é doada xa que agora hai sete puntos polos que se pode acceder de forma directa ao interior do cemiterio pero pensamos que é unha medida que se debe tomar se queremos preservar en perfecto estado de revista este espazo tan singular do casco histórico da cidade”.
En relación co cemiterio vello e ademais da iniciativa para previr posibles danos, o BNG de Mondoñedo pídelle ao concello celeridade na toma de medidas oportunas para a conservación e mantemento dos elementos arquitectónicos e das zonas verdes da necrópole que, segundo indican, xa foron tratadas no concello en anteriores sesións plenarias.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



