Burela, 30 de xaneiro, 2020. O “Clube Burela Pádel”, que se creou o pasado mes de outubro, debuta este sábado 1 de febreiro na Liga Galega Masculina de 4ª Categoría nun partido de rivalidade comarcal, pois enfróntase en Viveiro ao “Clube Pádel Hotel Ego Urban” ás 4 do serán.
Ambos equipos forman parte do Grupo 8 da Zona Norte, na que se medirán a outros equipos da provincia, como o D10-C Outeiro de Rei, o Clube Lucense de Pádel-B, o Bar Avenida Pádel Monterroso, o Apetéceme Pádel Nuestro, o Lemos Pádel-A ou o Clube de Pádel Villalba-B.
O equipo está formado por 25 xogadores con diferentes niveis de experiencia e recibe o apoio de numerosas marcas comerciais da contorna. A sede do equipo ubícase en Activity Center de Burela, e nas súas pistas disputará os partidos como local os domingos ás 12:30h. O debut na casa terá lugar o vindeiro domingo 9 de febreiro fronte ao D10-C de Outeiro de Rei.
