Lugo, 28 xaneiro, 2020. A industria do mar e o conxunto de actividades económicas que se desenvolven ao seu redor constitúen pezas básicas da economía da comarca da Mariña de Lugo, e da propia provincia. Para o amplo abano de industrias e actividades vinculadas ao mar, o proxecto de reforma do Regulamento Xeral de Costas é motivo de enorme preocupación. É un proxecto que descoñece en grande medida a realidade da Comunidade Autónoma Galega e da comarca de A Mariña de Lugo. Diante dun proxecto de reforma que, visto desde Lugo, resulta absurdo en moitos aspectos, os deputados provinciais do PP presentaron na sesión plenaria de hoxe unha moción, por vía de urxencia, que, entre outros obxectivos, inclúe o de que «con carácter previo á aprobación de modificación algunha, establecer unha mesa de análise e negociación cos sectores vinculados ao mar para alcanzar un acordo que permita que o proxecto do Regulamento Xeral de Costas e a Lei de Costas teñan en conta as reivindicacións socioeconómicas do sector do mar de Galicia».
A este respecto, o deputado Jesús Novo, encargado de defender esta proposta, indicou ao comezo da sesión que “se ben é certo que hai indicios, aínda que nada oficial, malia que a oposición de Arousa lle dixo ao alcalde que xa retiraban o borrador, e hai empresas afectadas, o que pretendemos é saber que vai pasar con elas, dado que xa teñen a comunicación de non seguir coa actividade”.
Deste xeito, o grupo do PP insta ao Goberno de España a que «a reforma da normativa de Costas manteña o actual sistema regulatorio das concesións de ocupación de dominio público marítimo terrestre para os establecementos do complexo mar-industria alimentaria, dada a súa vital dependencia da captación directa de auga de mar e por tanto da ocupación parcial da zona marítimo terrestre imprescindible para o funcionamento racional e sustentable dos devanditos establecementos».
A profunda reforma do Regulamento que intenta o Goberno parece adiantar cambios na Lei de Costas e causa profunda preocupación entre os sectores máis directamente afectados, segundo destacan os deputados populares. Esta preocupación ten a súa base na introdución de preceptos novos que amparan interpretacións moi restritivas da Lei de Costas. Polo seu articulado, espállanse preceptos moi xenéricos e abstractos que incrementan as esixencias medioambientais, limitando así as posibilidades de exercer actividades ligadas ao tecido produtivo costeiro, en Galicia en xeral, e en Lugo en particular.
Entre os motivos de preocupación nos sectores afectados, está o drástico recorte do prazo de duración das concesións de ocupación na zona de dominio público marítimo terrestre, que se fixan nun máximo de trinta anos; ata agora pode chegar a 80 anos, entre os 30 da concesión inicial e os 45 ou 50 da prórroga extraordinaria. A figura da prórroga extraordinaria tamén é obxecto de redución para as concesións actualmente en vigor.
As limitacións a actividades probadamente sostibles dende o punto de vista medioambiental parecen obedecer a unha decisión do Goberno de optar por un litoral libre de actividade produtiva para dar preferencia a usos recreativos, fronte aos tradicionalmente vinculados á industria mar-alimentaria.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



