Ribadeo, 18 de febreiro de 2020. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradece o traballo realizado pola Comisión de Entroido nun tempo récord, anima á veciñanza a disfrazarse dos anos 20 e a participar nas actividades programadas para os vindeiros días. O pregón será xa este xoves, 20 de febreiro.
A edil dixo que “dende a Concellaría de Cultura queremos agradecer publicamente todo o traballo que está a facer a Comisión de Entroido para que, en tempo récord, toda a veciñanza de Ribadeo, e tamén todas as persoas que nos visitan, poidamos disfrutar dun Entroido cun programa ben xeitoso”.
Pilar Otero convidou “a todas as persoas a participar nos distintos eventos programados este ano 2020, dedicado aos felices anos 20, xogando cos números, e no que tamén se quixo recuperar a tradición das mascaritas. Animamos a toda a veciñanza a disfrutar e pasalo ben. Bo entroido”.
ESTE É O PROGRAMA PARA ESTE ANO
DÍA 20, XOVES DE COMADRES
20.30 H. Teatro de Ribadeo. GALA DO PREGÓN DE ENTROIDO para a que se convida a todos os asistentes a ir vestidos á moda dos anos 20.
PREGOEIRO: JAVIER RIVERA PONTE, XORNALISTA E DIRECTOR DE LA COMARCA DEL EO
COA PARTICIPACIÓN DO CORO DO SAGRADO CORAZÓN (baixo a dirección de M. Carmen R. Cancelo e Graciela Rolle Sampedro) e o grupo de CANTOS DE TABERNA EN FALDAS Y A LO LOCO
ANIMARÁN AS RÚAS AS CHARANGAS A CHOCA E ATURUXO.
VENRES 21
A PARTIR DAS 17.00 H .TEATRO DE RIBADEO. FESTA DO FREIXÓ
SÁBADO 22
a partir das 12.00 H. Teatro de Ribadeo, FESTA DO FREIXÓ
ás 20.30 H. Parque de San Francisco, SAÍDA DA CARROZA DA COMISIÓN
Animarán a xornada as charangas locais.
DOMINGO 23, LARDEIRO
12.00 H. COMPARSA DA COCHA ACOMPAÑADA DO CUARTETO ILLA PANCHA
19.00 H. PRAZA DO CANTÓN. CONCENTRACIÓN DE MASCARITAS, CON ANIMACIÓN MUSICAL E PREMIOS GASTRONÓMICOS.
Animarán a xornada as charangas locais.
LUNS 24, FARELEIRO
17.00 H SALA ROSALAR. BAILE INFANTIL DE DISFRACES
21.30 H RESTAURANTE MARINERO. CEA DE ENTROIDO
MARTES DE ENTROIDO
17.00 H GRANDE DESFILE DESDE A CASA DO CONCELLO. Percorrido: rúas Dionisio Gamallo, Clemente Mnez. Pasarón, Avda. de Asturias , J.V. Pérez Martínez, Avda. de Galiza, rúas Luzo Pozo Garza, Virxe do Camiño, San Roque, Rodriguez Murias, Vilafranca do Bierzo, Cantón.
PREMIOS
ADULTOS
COMPARSAS/CHARANGAS
1º premio 500 €, 2º premio 400 €, 3º premio 300 €
4º premio 200 €, 5º premio 100 €
CARROZAS
1º premio 400 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €
GRUPOS
1º premio 300 €, 2º premio 200 €, 3º premio 100 €
PARELLAS
1º premio 200 €, 2º premio 150 €, 3º premio 100 €
INDIVIDUAIS
1º premio 150 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
INFANTÍS
GRUPOS
1º premio 200 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
PARELLAS
1º premio 150 €, 2º premio 100 €, 3º premio 50 €
INDIVIDUAIS
1º premio 100 €, 2º premio 75 €, 3º premio 50 €
Descrición das modalidades:
CHARANGAS (Agrupación formada por 10 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común e que empreguen diferentes instrumentos musicais)
COMPARSAS (Agrupación formada por 10 ou máis persoas disfrazadas en base a un tema común e que non empreguen instrumentos musicais, agás instrumentos de percusión)
CARROZAS (Estará remolcada por vehículo ou construída sobre vehículo. Haberá actuación dos participantes sobre a carroza. A carroza deberá garantir a seguridade dos/as participantes e espectadores.)
GRUPOS (Agrupación de mínimo 3 persoas)
GRUPOS INFANTÍS (Agrupación de mínimo 3 persoas)
IMPORTANTE: tod@s @s participantes no desfile deberán estar na súa ubicación 15 minutos antes do comezo deste.
INSCRICIÓN
De dous xeitos posibles:
A través do teléfono 689 72 63 51. Anotaranse os datos mais cómpre recoller o dorsal o día do desfile desde as 14.00 ás 16.45 H.
O propio día do desfile, desde as 14.00 horas e até 16.45 H na mesa disposta para tal fin na casa do concello.
CHARANGAS/COMPARSAS: As dez primeiras en inscribirse recibirán unha achega económica especial de 100 euros cada unha, que se lles entregará en efectivo o mesmo día do desfile, a maiores da posibilidade de optaren a premio.
O prazo de inscrición comeza o día 20 de febreiro, xoves.
Os dorsais entregaranse o día do desfile entre as 14.00 e as 16.45 H.
SÁBADO 29 DE FEBREIRO
Ás 21.00 H saída da COMITIVA FÚNEBRE do Cantón dos Moreno, formada
de viúvos e viúvos
Ao final, QUEIMA DO ENTROIDO na Avda. Rosalída de Castro, no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche da festa.
Organiza: Comisión de Entroido
Colaboran: Concello, Acisa, restaurante Marinero, Parador de Ribadeo






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.