Lugo, 28 de febreiro de 2020. A Xunta de Goberno aprobou este venres o Plan de Contratación do ano 2020, un documento que fai unha previsión estimativa dos procedementos de contratación de servizos, subministros e obras que desenvolverá a Deputación de Lugo ao longo deste ano. Segundo explicou o Deputado de Promoción Económica e Social, este plan, de obrigada elaboración para as administracións segundo establece a Lei de Contratos do Sector Público, prevé que a Deputación sacará adiante neste ano máis de 200 contratos por un importe total duns 20M€.
“É un documento de traballo que reflicte a capacidade de planificación, xestión e transparencia deste goberno. Con este plan resulta tamén unha boa oportunidade para mellorar o funcionamento da estrutura desta Deputación xa que se traballa con previsión de futuro, e coa racionalización de medios e tempos”, subliñou Rivera.
Por outra banda, na Xunta de Goberno de hoxe tamén se lle deu o visto bo á licitación do contrato de subministro de emulsión asfáltica para o Parque Móbil, un dos principais instrumentos de cooperación cos Concellos da Deputación. “Será un contrato cunha duración dun ano, prorrogable por outro e o orzamento co que sae a contratación ascende a preto de un millón de euros”











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



