Lugo, a 28 de febreiro de 2020. Os deputados e senadores do PP pola provincia de Lugo abordaron esta mañá en rolda de prensa, por boca de Jaime de Olano e de José Manuel Barreiro, algúns aspectos da actualidade nacional e apuntaron algunhas das máis recentes iniciativas para defender os intereses de Galicia, en xeral, e da provincia lucense en particular. Deixaron claro que tanto no proceso de debate dos orzamentos xerais do Estado como nos demais asuntos non permitirán que o Goberno de Pedro Sánchez intente converter a Galicia en comunidade de segunda categoría.
O deputado nacional e vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, lanzou unha dura crítica ao Goberno presidido polo socialista Pedro Sánchez ao fío da presentación do teito de gasto para 2020-2021, que é a primera fase para a aprobación dos presupostos xerais do Estado. Á vista dos datos ofrecidos polo Goberno, Olano di que o PP sinte aínda más preocupación e unha maior decepción. Sinalou: «Hay una evidente bajada de brazos por parte del Gobierno del señor Sánchez, tanto en lo que se refiere a la renuncia a seguir creando empleo como a la renuncia al crecimiento económico». Dixo que se anuncian uns presupostos «con máis gasto, máis gasto e máis gasto, cunha subida de impuestos de 7.000 millóns». De Olano ve a Sánchez entregado aos independentistas, incluída «la mesa de la vergüenza».
De Olano lamentou que o Goberno só teña interese en negociar as cuestións orzamentarias cos independentistas, pese á man tendida por Pablo Casado para conformar as grandes contas nacionais para o próximo exercicio. Os populares sospeitan que o proxecto de orzamentos será moi parecido ao que os socialistas intentaron aprobar en 2019, nos que se programaba un grande incremento da inversión en Cataluña mentres se castigaba a Galicia cun recorte do 20%. O mesmo deputado avisa de que o PP oporase con total firmeza a creación dunha España de primeira e unha España de segunda, e, en todo caso, rexeitará con rotundidade calquera intento de converter a Galicia en autonomía de segunda. «No pedimos que se nos adjudique más que a otras comunidades, pero tampoco pasaremos porque se nos conceda menos que a cualquier otra». Nesta liña, Jaime de Olano volveu a reclamar do Goberno que pague a Galicia os 200 millóns que lle adebeda polo IVE de 2017 e os 170 millóns de incentivos correspondentes ao bo comportamento fiscal dos anos 2017 e 2018.
Pola súa banda o senador José Manuel Barreiro declarou: «Presentamos unha iniciativa no Senado para a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) na Comisaría de Lugo, que viría a paliar as carencias que sofre a nosa comisaría». Engadiu: «Ao longo do debate na comisión correspondente esixiremos que o Goberno execute esta iniciativa».
Por outro lado, Barreiro sinalou: «Tamén debatemos no pleno da semana pasada unha interpelación á ministra de Industria: preguntámoslle acerca da situación do estatuto das empresas electrointensivas. A resposta da ministra non fixo máis que incrementar a nosa preocupación polo futuro de Alcoa e outras empresas que están sometidas ao citado estatuto. E isto lévanos a presentar a próxima semana unha moción no pleno para que o Goberno teña en conta as alegacións que, lideradas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foron apoiadas polos gobernos de Asturias e Cantabria; en definitiva, que se corrixan as carencias que presenta o estatuto, que, co seu actual contido, non dá solución ao futuro destas empresas».
O senador José Manuel Barreiro anunciou que no pleno da próxima semana presentará unha interpelación ao Ministerio de Fomento para que informe de como se atopan as infraestruturas viarias na provincia de Lugo. Manifestou: «As respostas que escoitamos nos últimos días son alarmantes; imos esixir que se cumpran os prazos que estaban previstos, que foron explicitados polo ministro Íñigo de la Serna, xunto co presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e que están recollidos no último orzamento, actualmente aínda vixente, elaborado por Goberno presidido por Mariano Rajoy».
Barreiro resumiu: «Estamos a traballar para esixir ao Goberno que non ningunee os intereses de Galicia, os intereses de Lugo. Nesa mesma dirección esiximos que se abone a débeda que o Estado ten coa Xunta, non só polo IVE, senón tamén os 170 millóns por xestionar correctamente os seus recursos e cumprir cos obxectivos de déficit. Desgraciadamente a resposta que obtivemos non foi positiva por parte do Goberno, pero conseguimos que outra iniciativa presentada por outros grupos parlamentarios fose apoiada para a devolución do Imposto Sobre o Valor Engadido». Concluíu: «E nesa mesma dirección imos seguir esixindo que Galicia non sexa ninguneada con respecto ás comunidades autónomas apoiadas polos independentistas; Galicia non vai pagar o compromiso independentista apoiado polo señor Sánchez para manterse na Moncloa».



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



