
Lugo, 23 febreiro, 2020. O vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime De Olano, afeou a Sánchez que acudise no día de hoxe a Galicia “para intentar convencer a los gallegos de que la inestabilidad es mejor que la estabilidad” e lamentou que siga poñéndose de perfil respecto dos problemas que ten Galicia e esta provincia, en particular, e que dependen directamente da xestión do Goberno central.
Referiuse así o tamén deputado no Congreso á delicada situación de Alcoa, á política fiscal do Goberno que lle retén á comunidade o IVE ou á “nula vontade negociadora” para que os ingresos dos produtores e gandeiros non se vexan mermados debido aos recortes das axudas da Política Agraria Común (PAC), ou á chegada da Alta Velocidade.
O tamén deputado no Congreso fixo estas declaracións no marco da XXX Feira da Androlla de Navia de Suarna, onde participou xunto a outros cargos orgánicos do Partido a nivel local, provincial e autonómico.“Que un Gobierno de 4 o 5 partidos, que además no se hablan, para los socialistas es mejor que el Gobierno que apoyan mayoritariamente los gallegos en las urnas, es inaudito. Esta es la credibilidad de Sánchez”, afirma.
De Olano amosouse así moi crítico coa visita do dirixente socialista, quen só acude a Galicia en campaña electoral e faino, ademais, segundo apunto o popular, “para vendernos humo y seguir discriminándonos, pues su interés por Galicia ha quedado claro este mismo jueves, acordando privilegios para los vascos en la gestión de las pensiones”.
Sánchez viene a Galicia hoy y el jueves próximo se sentará con un presidente inhabilitado por el Tribunal Supremo para acordar más privilegios para los Independentistas catalanes. Esto es lo que le importamos a Sánchez”, insistiu.
“No hay más que ver, dixo, que prometió entregar el IVA que es de las CCAA y ahora se lo ha quedado él. Prometió en Galicia arreglar lo de Alcoa y ahora Alcoa dice que no seguirá fabricando aluminio en Galicia en estas condiciones. Prometió que el AVE llegaría en 2019 a Galicia y estamos en 2020 y tendremos que esperar más de un año”, manifestou.
“Todos son cómplices”
Deste xeito, Jaime De Olano, e xa nun argumento máis provincial, explicou que proba “dos múltiples castigos” do socialista é que a provincia de Lugo pode ser a máis prexudicada polos recortes da PAC. Neste senso, lamentou que os seus compañeiros de filas na provincia e en Galicia aplaudan a xestión do socialista. Este apoio é o que o leva a concluír que, “al final, todos son cómplices de tal desastre. Hoy se vuelven a unir todos en torno a Sánchez, al igual que lo ha hecho Caballero recientemente en los medios de comunicación con una foto de los dos como aval de su campaña… Mal vamos cuando para presentarnos a unos comicios, solo podemos vender fotos..”, apuntou.
A este respecto, pídelle aos socialistas en xeral que “abandonen esta política humo y se dediquen a solucionar lo que realmente demanden los gallegos y que, en Lugo, es Alcoa, la Alta Velocidad o la PAC”. “El Gobierno tiene una oportunidad de oro para demostrar que hace política para la gente. Y esto pasa por su capacidad negociadora, pues las ayudas de Europa son fundamentales para mantener las explotaciones agrícolas y ganaderas y, por tanto, para fijar población. Es una oportunidad de oro para esos que se les llena la boca con la España vaciada”, remarcou.
Galicia, en 2019, recibiu 144 millóns de euros da PAC (210 M€ con atrasos), dos que se beneficiaron 24.600 produtores. Á provincia de Lugo correspondéronlle 70,4 millóns, sendo A Montaña unha das maiores perceptoras destas axudas.




















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.