O curso estivo destinado a formar a coidadores e familiares de persoas con demencias ou enfermidades neurodexenerativas, como o alzheimer ou parkinson, que tivo lugar en Foz en novembro e decembro do ano pasado. Ana Rojo explicou que “foi impartido por un equipo de psicóloga e terapeuta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Enfermidades Neurodexenerativas coa colaboración da Federación Alzheimer Galicia e financiado pola administración autonómica galega”.
