Lugo, 12 de febreiro de 2020. A Deputación de Lugo axudará a dinamizar a economía da montaña, colaborando coa Feira do Butelo da Fonsagrada. A institución provincial, que achega 6.000 euros á cita gastronómica declarada de Interese Turístico, acolleu este mércores a presentación do evento, que se celebrará o sábado 15 e o domingo 16 de febreiro na Praza do Concello do municipio fonsagradino. A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, que estivo acompañada polo Alcalde da localidade, Carlos López, destacou que se trata “dunha cita que axuda a reforzar as nosas raíces e a nosa cultura” e que se diferencia por ser unha experiencia única da provincia lucense.
López explicou que se instalarán 63 postos de venta de produtos cárnicos e que estarán representadas as tres industrias da Fonsagrada dedicadas a este embutido da montaña. A carpa, instalada na Praza do Concello, abrirá o 15 e o 16 de febreiro de 10.00 a 20.00 horas. O domingo, ás 12.30 horas, actuará o grupo de música tradicional Illa Pancha e ás 13.00 horas será a entrega da distinción Butelo de Ouro, que este ano recae en Gumersindo Rego Fernández; ás 13.30 horas terá lugar actuación da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros.
“Esta é unha iniciativa que encaixa perfectamente co turismo de experiencias que dende hai tempo promocionamos dende a Deputación de Lugo. Algo único, que só temos aquí e que nos diferencia cara os visitantes”, dixo Pilar García Porto. Está previsto que durante a fin de semana se vendan na Fonsagrada uns 5.000 quilos de produtos cárnicos e o Rexedor confirmou que están completas as reservas hostaleiras na localidade.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



