Viveiro, 4 de febreiro de 2020. Unha vez máis, o grupo municipal do PP toma a iniciativa en Viveiro e propón ao pleno da corporación local que adopte medidas para fomentar o transporte sostible no municipio. Dado que o goberno presidido pola alcaldesa María Loureiro é incapaz de tomar decisións por si mesmo, neste terreo igual que noutros moitos, os populares presentan propostas para mellorar Viveiro.
Nesta ocasión, e con fin xa citado, o grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez, defenderá no pleno de mañá, mércores, por medio de Inma Nespereira, unha proposta que inclúe establecer bonificacións no Imposto de Circulación para os coches de parcial ou cero emisións contaminantes, así recoñecidos pola DGT. Esta é unha medida que xa poñen en práctica gran número de concellos de España.
Os populares tamén propoñen recoller nos pregos de condicións das próximas renovacións das concesións de transporte colectivo urbano de viaxeiros, servizo de augas e saneamento, e do de recollida de lixo, así como de todos aquelas outras que necesiten vehículos para realizar as súas funcións, unha valoración preferente das propostas que garantan o uso de flotas híbridas, eléctricas ou de emisións cero.
Igualmente, a iniciativa que os populares someterán a debate plenario inclúe promover a instalación de puntos de recarga eléctrica, garantindo a presenza como mínimo dun punto na zona ORA. Segundo esta proposta, o Concello instará ás áreas comerciais que aínda non dispoñen de puntos de recarga a que as instalen. Igualmente deberán contar con este servizo as zonas de aparcamento das instalacións deportivas municipais, así como a parada urbana de taxi.
Por último, o PP defende que se inste a Aparcamientos A Mariña, empresa vinculada co Concello, a instalar como mínimo un punto de recarga e promover paulatinamente a conformación da flota municipal con vehículos de emisión cero.
Os edís populares consideran que é «evidente a necesidade dun medio ambiente limpo e sostible». Recordan que no ano 2017 a Comisión Europea presentou un conxunto de medidas entre as cales se propoñía que os vehículos reduciran un 30 % as emisións de dióxido de carbono. No PP destacan a necesidade da renovación do parque de transporte dado que envelleceu significativamente durante os anos da crise económica. A Administración, din os concelleiros populares, ten que adoptar medidas de estímulo ao uso de vehículos verdes. Sinalan: «O concello de Viveiro, como Administración máis próxima ao cidadán, non pode manterse alleo a esta realidade e debe impulsar, na medida das súas posibilidades, o cambio».



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



