Burela, 3 de febreiro de 2020. O primeiro pleno ordinario da nova Corporación Municipal de Burela será este xoves, 6 de febreiro, segundo deu a coñecer esta tarde o alcalde, Alfredo Llano. A conta xeral de 2018 e unha modificación de crédito serán algúns dos asuntos a abordar.
O rexedor dixo que “neste primeiro pleno ordinario queremos que se aprobe a conta xeral correspondente ao ano 2018 porque é importantísimo. Xa foi aprobada na Comisión de Economía e Facenda en novembro, pero tivo que pasar por unha exposición pública que rematou o 19 de decembro. Por tanto queremos neste pleno aprobar definitivamente esa conta xeral, que resultou ser positiva en todos os aspectos e que reflexa un bo remanente, de máis de 3 millóns de euros. Queremos aprobala para que esa conta xeral presentada con todo positivo nos sirva para seguir coa normalidade no Concello, por exemplo para solicitar subvencións e outros labores que sen tela aprobada serían moi difíciles”.
Alfredo Llano contou que “outro punto é unha modificación de crédito, dado que de momento temos que seguir cos orzamentos do ano 2019 prorrogados porque non fixemos o pleno para aprobar os orzamentos do 2020. Hai un pequeno desfase económico para pagar o servizo de limpeza viaria, polo que imos aprobar unha modificación de crédito para que se poida adaptar o prezo real para o ano 2020 cos orzamentos prorrogados do 2019. Hai que facer unha operación normal de tesourería para poder adaptalo e ter a garantía total de poder afrontar ese gasto neste ano”.
Inspeccións
Por outra banda, o alcalde explicou que “o Concello de Burela iniciou xa esta pasada fin de semana unha serie de inspeccións nos diferentes locais de hostalería, sobre todo nocturnos, para procurar que se adapten ben á normativa vixente, sobre todo no referido aos decibelios que pode haber no seus establecementos”.
Para Alfredo Llano “evidentemente o que se trata desde o Concello é de normalizar e de equilibrar o exercicio dunha profesión bonita e que atrae xente a Burela co dereito ao descanso da xente que está adxacente a eses locais. Xa comezamos o venres pasado e vamos seguir durante este mes de febreiro facendo este tipo de inspeccións co único propósito de normalizar a situación e que se vexa claramente que queremos que exista un equilibrio entre o negocio e o descanso. Pensamos que é importante dado que loxicamente non queremos que haxa protestas, pero queremos que exista actividade”.





















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



