Lugo, 23 de febreiro de 2020. A Voceira do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto avanzou que defenderán unha moción no vindeiro pleno para reclamar que “paren os recortes do Plan marco de melloras de camiños municipais da Xunta”. Nesa liña lembrou a concentración realizada esta mesma semana polos Alcaldes Socialistas da provincia, diante da Xunta, contra estes recortes e ao abandono do PP de Feijóo ao rural lucense.
García Porto explica que “o pasado 10 de febreiro o DOG publicou a resolución do Plan Marco de melloras de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. Nesa convocatoria, a cantidade consignada para as axudas no conxunto de Galicia é de 11.974.836 euros, dividida a partes iguais en dúas anualidades de 5.987.418 € nos anos 2020 e 2021. Esta cantidade supón unha redución de máis dun 25% con respecto as axudas adicadas a melloras de camiños da convocatorio anterior do 2018, na que a partida orzamentaria era de 15.998.687 euros a repartir en dous anos”.
Así as cousas dende o Grupo Socialista “dende o Grupo Socialista, queremos denunciar unha vez máis este novo caso de recortes que afecta a todos os concellos de Galicia, e dun xeito especial a aqueles que contan cun marcado carácter rural, como sucede coa maioría dos da nosa provincia. Unha política de
recortes que a Xunta ven desenvolvendo dende o ano 2016”, advertiu.
Coas cifras na man “a cantidade anual que perciben os concellos reduciuse nun 70% con respecto ó ano 2016, ó pasar de preto de 20 millóns anuais a so 6 actuais. Desglosando os datos, os concellos lucenses recibiron no ano 2016 5,3 millóns de euros para executar obras de melloras. No seguinte plan marco, esa cantidade pasou ser de 4, 12 millóns a repartir en dous anos, e dicir so 2 millóns de euros ó ano, unha redución do 63%. E no novo plan marco de 2020/2021, esta cantidade redúcese de novo, xa que os 4,12 millóns pasan a ser apenas 3,06. Isto é, os concellos de Lugo pasaron a dispor de 5,3 millóns no ano 2016 a ter so 1, 5 actualmente. A reducían con respecto dos fondos do ano 2016 é do 71.7%”, remarcou.
Agader está a incumprir os seus obxectivos
García Porto asevera que “esta sistemática liña de recortes orzamentarios supón de feito que Agader está a incumprir os seus obxectivos e a súa razón de ser, que é reforzar o tecido social e mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, promovendo a execución de obras de conservación e melloras das infraestruturas rurais”.
Pedimos a Feijóo e ao PP que abandone esta política
Por todo o exposto, o Grupo Provincial Socialista quere rexeitar esta política de recortes que afecta, dun xeito especial, os concellos do rural, e que supón unha nova mostra do desinterese do goberno da Xunta para mellorar as condicións de vida dos seus veciños. Sometemos para o seu debate e posterior aprobación en Pleno esta Moción para que a Deputación Provincial de Lugo inste á Xunta de Galicia a: Esixir á Xunta de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, que abandone esta política de recortes e manteña as axudas para traballos de mellora na rede de camiños municipais, nun nivel que permita os concellos acometer as obras necesarias para garantir o bo estado desta rede de infraestruturas fundamental para o mundo rural.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



