Ribadeo, 3 de febreiro de 2020. Ribadeo conta con pista de hockei liña, que foi estreada en competición oficial na xornada de onte. Os traballos consistiron na instalación dunha valla perimetral no pavillón pequeno, que está situado na rúa Alfredo Deaño. Xunto ao equipo local xuvenil do Illa Pancha estiveron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o responsable de hockei liña da Federación Galega de Patinaxe, Óscar Manuel Romay.
O edil de Deportes explicou que “esta pasada fin de semana, o domingo concretamente, se inaugurou oficialmente a pista de hockei liña tanto para competir como para adestrar. É unha dotación máis para o pavillón pequeno do Concello de Ribadeo, para dar máis versatilidade ao deporte, introducir o hockei liña a patíns e darlle máis cabida. É un deporte minoritario, entón o Concello, dentro das nosas posibilidades e a onde podemos chegar, apoiamos toda a gama de deportes posible”.
O concelleiro nacionalista lembrou que “o hockei liña xa levaba catro anos intentando ter un sitio para competir. Está ubicado no pavillón pequeno e convive con outras actividades como o fútbol sala e o baloncesto”.
Jorge Díaz contou que “o domingo houbo un partido da liga galega de hockei liña, na categoría de xuvenil, entre o Illa Pancha de Ribadeo máis Os Trasnos da Guarda. Nese encontro estivo tamén o presidente do Comité de Hockey Liña da Federación Galega de Patinaxe, Oscar Manuel Romay, estivo ademais o alcalde, Fernando Suárez Barcia, e máis eu”.
O concelleiro de Deportes agara que “esta nova instalación, dentro do que é o pavillón, sexa frutífera tanto para competir como para adestrar, e para que os nenos e as nenas poidan ter outro deporte máis onde, sobre todo, divertirse e formarse”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
