Ribadeo, 5 de marzo de 2020. Ribadeo acollerá os días 27 e 28 de marzo as Xornadas O Camiño Norte como fonte de desenvolvemento, que foron presentadas polo concelleiro de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso Iglesias.
O edil ribadense dixo que “o Xacobeo 2021 vai constituír unha oportunidade única e extraordinaria, sobre a base das peregrinacións e o Camiño de Santiago, de repercusión mundial. Permitiranos poñer en valor a nosa cultura, a paisaxe, a nosa memoria e o talento local para atraer recursos e dinamizar a nosa economía, especialmente nas zonas rurais, e para impulsar accións innovadoras”.
Pablo Vizoso subliñou que “aproveitando esta circunstancia o Concello de Ribadeo desenvolveu un programa denominado Ribadeo alén do Camiño, que busca potenciar a vila como punto referente do Camiño Norte na súa dirección a Santiago de Compostela, facendo especial fincapé en ofrecer unha contorna atractiva e dinámica a aqueles peregrinos/as que deciden optar por este camiño xacobeo”.
O concelleiro de Turismo contou que “a pretensión deste proxecto é dar a coñecer, non só ao peregrino/a, senón tamén ao conxunto da cidadanía, administracións públicas, entidades privadas e aos nosos/as viaxeiros/as, o Camiño de Santiago por terras de Ribadeo. Unha ruta que conserva en gran medida as formas e modos de vida tradicionais, o que permite a identificación sobre o terreo dunha paisaxe cultural auténtica e que está conformada por bens que teñen un gran valor desde o punto de vista histórico, arquitectónico, arqueolóxico e etnográfico”.
Vizoso Galdo indicou que “no marco deste programa hoxe presentamos as xornadas que baixo o título O Camiño Norte como fonte de desenvolvemento se celebrarán en Ribadeo os días 27 e 28 de marzo con tres obxectivos: difundir entre a cidadanía as potencialidades que ofrece o Camiño Norte ao seu paso polo municipio como fonte xeradora de riqueza e desenvolvemento local; xerar un foro de debate entre profesionais do sector turístico (guías, técnicos de turismo, axencias, etc.), xestores culturais e a iniciativa privada coa finalidade de establecer medidas de xestión sostible do Camiño Norte ao seu paso por Ribadeo; e implicar ao tecido comercial e de servizos local na xestión e desenvolvemento das políticas e actuacións a desenvolver, fomentando o establecemento de boas prácticas”.
O edil nacionalista explicou que “nas xornadas analizarase o Camiño dende diferentes perspectivas (histórica, espiritual, cultural, paisaxística) e combinarase a organización de mesas – coloquio coa realización de diferentes talleres e workshops moi prácticos e participativos, que permitirán achegar aos participantes á situación actual que presenta a xestión e os servizos asociados ao Camiño e a figura do peregrino coa finalidade de garantir uns servizos e produtos de calidade respectuosos cos valores e a esencia da ruta xacobea”.
Pablo Vizoso engadiu que “se tratarán asuntos como os retos e oportunidades que presenta a celebración do próximo Xacobeo 21 como factor de desenvolvemento económico para os Concellos do occidente asturiano e da Mariña lucense; a normativa e problemática que rodea ao ámbito do aloxamento vinculado ao Camiño; a importancia de preservar a súa paisaxe; así como as directrices que deben guiar a oferta de servizos e produtos de calidade ligados á ruta e a figura do peregrino. Contaremos coa participación de preto de 20 especialistas e representantes das principais asociacións de profesionais implicadas na xestión do Camiño de Santiago que contribuirán a enriquecer os debates que poidan xurdir durante as xornadas, que están destinadas ao público en xeral, especialmente a guías e técnicos de turismo, emprendedores e negocios vencellados ao sector turístico (aloxamento, hostalaría, servizos, etc.), estudantes”.
O logotipo do proxecto Ribadeo alén do Camiño e das xornadas é unha imaxe que une a praia das Catedrais coa Catedral de Santiago: “así, propoñémosvos unha viaxe conxunta onde se abrazarían dúas das obras arquitectónicas máis importantes do noso país: a Catedral de Santiago, obra cume da arte universal e meta de miles de peregrinos que acoden a ela para render culto ao Apóstolo Santiago; e a praia de Augasantas-As Catedrais, onde as poderosas augas do Cantábrico labraron, co paso dos séculos, o que hoxe se antolla como capricho da natureza, e sorprenden ao semellarse máis a un decorado, minuciosamente trazado, que a unha sucesión de furnas, pasadizos e arcos, converténdose nunha das praias máis bonitas do mundo. A nosa experiencia nos di, que gran parte dos nosos viaxeiros están interesados en visitar estes dous monumentos, ao consideralos os máis representativos do noso país. Así, a través desta iniciativa acadaríamos o binomio perfecto entre patrimonio natural e cultural”.
As inscricións xa poden realizarse en xornadas.ribadeocaminonorte.gal























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



