Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: “Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico” é polifónico e temperado. Monotemático e variado: corenta colaboradores en harmonía dan unha visión variada e conxunta ó tempo, coa coordinación de Carlos Álvarez Lebredo e tras o solista limiar de Francisco Díaz-Fierros.
Non nos enganemos porque sexa un libro de homenaxe: cabe dicir que non hai moitas novidades no libro, e, ó tempo, que as diversas facetas que esculpen os contribuíntes enriquecen a visión dunha persoa á que se lle aplican diversos -moitos- cualificativos neste libro doado de ler que facilita recompoñer as múltiples perspectivas que ofrece unha persoa viva. Asi, apaixoado, arrollador, traballador, serio, perfeccionista, compiten con aberto, honrado, comunicativo. Polifacético, de altas capacidades, mago, orixinal, excepcional, dinamizador, confróntanse con filántropo, imprevisible, xeneroso, didáctico, pintoresco, formador de público. Características de carácter, mistúranse con outras aparentemente superficiais, como ‘o home da capa compostelá’. Non faltan adxectivos ditos con cariño e matizados, como superior ou ilustre diletante. Ou outros, postos en contradición e complementación entre si para amosar toda a riqueza dun ser humano, como son democrático e aristocrático, en sorte de continuidade polifacética e entrañable. Axustados e solapándose. Do mesmo xeito que cando se di que foi profesor, boticario, inspector sanitario… pero sobre todo, músico. Músico, sobre todo, pois daí sacaba o seu sentido vital, e conste que vitalidade tiña e transmitía. E tamén a base social da que se rodeou, dende o máis humilde espectador da música na que participaba ata as figuras máis relevantes que frecuentaba -e o frecuentaban-.
A súa sona en Ribadeo e as súas características contribuíron a que o libro ‘Cincuenta anos de música en Ribadeo’ se esgotara -un feito case impar en Ribadeo- da man do agradecemento social dun pobo que durante anos veu a facer como semellantes calquera citación de ‘música’ e a alusión a ‘Carlitos’. A base desa semellanza? a persoa activa e activista, trazador de plans e consecutor dos obxectivos marcados.
A súa teimosía no gusto musical, idea aristocrática da música en canto a calidade, democrática en canto a atraer a músicos e espectadores, recolle pero sobre todo transmite a través da súa herdanza musical, características incrustadas na historia da música en Ribadeo. E máis que se podería sacar, se un día se agarra o arquivo musical como Diego Rodríguez apunta.
Boticario ‘accidental’, como é cualificado no libro máis dunha vez, as súas facetas arrolladoras poñíanlle difícil o manter o equilibrio entre as múltiples adicacións e a vida persoal, marcada por un contrapunto familiar que non tería sido posible sen a súa dona. Alguén que se deixa ver na sombra en varias das contribucións.
As diversas descricións, heteroxéneas en máis dun sentido, amosan asemade que a pintura plasmada non se pode separar dun mundo, o Ribadeo de hai moitos anos, que xa se foi. Un exemplo? Podería agora falarse dun ‘recorrido das chachas’? O esprito din que non morre. O de Carlitos Cid vive nun Ribadeo que se desdibuxa do actual.
Para unha persoa que pretendía “manter a chama sagrada da música en Ribadeo”, a labor non rematou. Esa era unha idea que Pancho Campos resalta na súa contribución citando a Carlos Cid: “As etapas da vida logo pasan, e hai que traballar día a día, pois o futuro está por vir”. Sempre. Tamén agora.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



