Lugo, a 06 de abril de 2020. “O goberno da Deputación resístese a aclarar o custe mensual que supón a contratación a Tragsa do mantemento das zonas verdes, pero antes ou despois vai ter que facelo”, sinala o deputado provincial José Antonio García, viceportavoz do grupo do Partido Popular. Esta declaración do citado deputado prodúcese á vista de que na máis recente sesión plenaria, na primeira celebrada por vía telemática, aprobouse unha modificación do orzamento da Deputación para o actual exercicio, vía suplemento de crédito, por case catro millóns, unha parte do cal (uns 412.000 euros) está destinada a pagos a Tragsa. “Todo indica que este servizo sae agora moi máis caro que cando o desempeña Suplusa, a sociedade provincial agora en disolución”. Os populares avisan da súa decisión de acudir a todas as vías posibles para conseguir a información que o goberno provincial non facilita. É a segunda vez que se aproba unha cantidade como a reseñada para pagos á citada sociedade.
José Antonio García sinala que o goberno provincial non deu respostas ás peticións do grupo do Partido Popular para coñecer o custe mensual do servizo de mantemento das zonas verdes dependentes da Deputación. “O que temos cada día máis claro é que este servizo cuberto mediante Tragsa vai saír moito máis caro do que era cando o desempeñaba Suplusa, como avisamos en máis dunha ocasión”. O mesmo deputado provincial sospeita que o silencio que garda o goberno provincial débese a que realmente é así, a que o mantemento das zonas verdes sae agora moito máis caro. “Chama a atención que se negaran a aceptar a proposta do PP para incrementar en 700.000 euros o importe do Plan Único, do que se benefician directamente os concellos, e non teñan inconveniente en pagar moito máis polo mantemento das zonas verdes do que se pagaba cando o facía Suplusa”.
O mesmo representante popular pon de manifesto a chamativa, por contraditoria, actitude do Bloque no caso de Tragsa. Durante moito tempo cualificou a esta empresa pública de chiringuito, e agora non ten problema en aprobar uns pagos que son máis altos dos que eran antes polos mesmos servizos, ou polo menos así parece a falta de que o goberno provincial aporte os datos solicitados.
García tamén destaca que a externalización de servizos é algo ao que se opoñía o Bloque, como quedou reflexado no pacto de goberno co PSOE. “En todo caso, hai un ocultismo neste asunto que nada ten que ver coa suposta transparencia coa que o goberno provincial di que xestiona; neste caso, de transparencia, nada de nada”. Os populares din que xa é hora de que o presidente, José Tomé, e o goberno que preside aclare aos lucenses en xeral canto lle custa á Deputación a fórmula elixida para manter as zonas verdes. Os populares reiteran que utilizarán todos os recursos ao seu alcance para obter esta información de xeito detallado.
No PP destacan igualmente que Tragsa vai camiño de converterse na empresa con máis contratos da Deputación, e resaltan a contradición en que incorre o BNG entre os seus argumentos teóricos e a práctica de goberno, algo do que, segundo indica José Antonio García, tamén debe dar explicacións aos lucenses. García di que é unha contradición que se fai máis evidente nunha conxuntura como a actual, que esixe axustar tanto como sexa posible o custe dos servizos para dispoñer de recursos para axudar a que a provincia supere a crise sanitaria e as súas consecuencias económicas e laborais.


















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



