Burela, 21 de maio de 2020. O alcalde, Alfredo Llano, anuncia que á segunda edición do mercado semanal que se celebrará mañá en Torrentes acudirán unha trintena de postos relacionados co sector agroalimentario. O rexedor insiste en que o mercado foi trasladado a Torrentes por razóns de seguridade sanitaria e asegura que a zona reúne todas as condicións para acollelo.
O alcalde dixo que “agora mesmo hai moitísimas peticións. Está chamando moita xente que quere vir a instalarse no mercado de Burela, pero é certo que neste momento non se poden colocar máis postos. A ver se entramos na fase 2 e isto pode cambiar, pero polo de agora teñen que ser artigos de alimentación. Polo tanto vai ser un mercado de produtos agrícolas, lácteos, cárnicos, froitas, flores e todo o que permite o Real Decreto. Digo que hai moitas peticións porque hai moito interese en vir ao mercado de Burela. Ao mellor para a semana xa se poden incorporar outro tipo de postos como roupa, apeiros, etc…, por nós non vai haber ningún problema, sempre e cando se poida permitir acudir aos mercados a todo este tipo de negocios”.
Llano lembrou que “trasladamos o mercado a Torrentes derivado da xustificación extraordinaria que presentaron os técnicos baseado na seguridade sanitaria e vendo que en Burela non hai outro sitio que puidera garantir esa seguridade. Había outro posible lugar no porto, que xa estivéramos negociando con Portos hai tempo na primeira lexislatura que estiven eu aquí, se podíamos poñer alí o mercado, pero argumentaron que é un porto moi importante e que ten moitísima actividade, polo tanto hai que centrarse na actividade portuaria máis que noutra que puidera interromper nun momento dado o bo funcionamento. Polo tanto non quedaba máis espazo que Torrentes”.
O rexedor subliñou que “Torrentes de por si é un lugar agora mesmo que garda todas as condicións positivas para poder efectuar alí un mercado interesante, potente e penso que con todas as garantías sanitarias e, desde logo, con facilidade de fluidez para a xente e con capacidade para meter moito negocio. Mañá estarán alí presentes entre 31 e 32 postos, que creo que é unha boa cifra”.
Alfredo Llano quere “animar á xente a que acuda, porque penso que é unha boa fórmula de recuperar un pouco a actividade económica e social, que veña xente a Burela e despois visite diferentes lugares do noso pobo. Penso que é unha cuestión positiva e foi tomada en conciencia e respectuosamente pensando no ben común. Por iso non se entende que haxa xente que intente torpedear, interromper ou desprestixiar o mercado en Torrentes. É unha postura un pouco preocupante na que parece que ten máis interese facer un pouco de dano ao mercado que aportar cousas interesantes e que realmente importen para o conxunto da poboación de Burela. Por iso hai que facerlle pouco caso, dado que hai unha demostración clara de que a xente quere vir a Burela. De momento non hai ningún inconveniente”.
Para o alcalde burelés “o outro día houbo unha situación inducida para intentar parar o mercado, cousa que non se logrou e agora esa mesma xente que ao mellor protestaba o outro día si que vai vir coa intención clara de favorecer este mercado nese lugar de Torrentes. Quero animar a toda a xente a que participe e acuda. Mañá vai estar un día de calor e tamén é bo pasear por Torrentes. É unha zona atractiva que ten moitas posibilidades. Está céntrica, en Burela non hai distancia en ningún lugar, andando tamén se pode ir ata alí e compartir un día bonito de mercado sen atender a outros que dan razóns soamente co propósito de entorpecer. Penso que o que hai que mirar é en positivo e sobre todo favorecer a recuperación económica e social o antes posible, que é no estamos intentando traballar e o que estamos facendo desde o Concello con todo o noso interese”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



