Lugo, 21 de maio de 2020. O Partido Popular asiste con máis preocupación que sorpresa ao espectáculo que é na Deputación a interpretación que fai o goberno presidido polo socialista José Tomé dos informes dos técnicos desta institución. Os informes, di o viceportavoz popular José Antonio García, que serviron para rexeitar a proposta do PP para incrementar en 700.000 euros a dotación do Plan Único con remanentes, úsanse agora para xustificar que se dediquen 3,3 millóns, dos mesmos remanentes, para axudas a concellos e asociacións para superar a crise provocada polo coronavirus Covid-19; serven o mesmo para un roto que para un descosido, segundo García, porque agora Tomé ten interese en que o que antes significaba unha cousa, agora signifique a contraria, porque así lle interesa. Á vista da situación, os populares reclaman que se fixen criterios obxectivos para o reparto dos 3,3 millóns de euros e avisan de que estarán moi atentos para evitar que a distribución se faga atendendo a intereses clientelares, partidistas e mesmo electoralistas.
José Antonio García lembra que o PP pide dende o inicio da crise sanitaria que, á marxe do Plan Único, a Deputación deseñe un plan de intervención directa para axudar ao tecido produtivo e impulsar así a reactivación da economía na provincia. Sinala: “A nosa proposta nada ten que ver con isto que anuncia o goberno provincial. Nós defendemos no seu día un incremento en 700.000 euros do Plan Único, que ten criterios de reparto obxectivos e acordados polas forzas políticas. Díxosenos que non era posible, porque recorrer aos remanentes implicaba vulnerar a regra de gasto. E agora con iguais informes, resulta que non hai problema para usar, non 700.000 euros, senón 3,3 millóns. E nada se di de cales van ser os criterios de reparto. Reclamamos que se fagan públicos os criterios que se van seguir”.
O mesmo viceportavoz popular avisa: “No PP estaremos moi atentos; non imos permitir, non calaremos, se o que se pretende é un reparto de cartos, tanto aos concellos como a asociacións, baseado en intereses clientelares e partidistas”. José Antonio García sinala que é intranquilizador que o goberno presidido por Tomé non quixese incrementar os fondos do Plan Único, de reparto obxectivo, e agora vaia a dedicar máis cartos para os concellos sen que se saiba baixo que criterios. Puntualiza: “E o mesmo coas asociacións; estaremos vixiantes para que eses cartos non se utilicen de xeito partidista, ou mesmo electoralista, e teñan utilidade real para superar a difícil situación que atravesamos”.
Os populares din que, tal como propuxeron, é preciso que a Deputación interveña directamente sobre o tecido produtivo, para estimular a reactivación da economía na provincia. “Hai xa moi graves dificultades económicas derivadas da crise sanitaria e non van desaparecer nos próximos meses se non se actúa con eficacia. O tecido produtivo está en situación moi complicada e precisa axuda, necesita axudas directas desde a Deputación. Esta ten que ser a prioridade: abrir unha liña de apoio ao tecido produtivo, que non ten nada que ver con isto que acaba de anunciar o goberno provincial”.

















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



