Viveiro, a 7 de xuño de 2020. Milleiros de persoas participaban este domingo na manifestación convocada polo comité de Alcoa San Cibrao contra os plans da multinacional de pechar a produción de aluminio e despedir a 800 traballadores e traballadoras; e para esixir do Goberno español e da Xunta de Galiza medidas inmediatas que eviten este golpe letal ao emprego e á economía da Mariña, e que afonda na grave crise industrial que atravesa Galiza de norte a sur.
A este respecto, o secretario xeral da CIG, Pualo Carril, quen tamén participou na manifestación, aseverou que o Goberno español e a Xunta non poden facer ouvidos xordos ante este clamor popular, teñen que asumir as súas responsabilidades e actuar no inmediato para paralizar os plans de desmantelamento de Alcoa. Advertindo que canto máis tempo tarden os gobernos en actuar, máis se dificultará unha saída en positivo.
Así, salientou a necesidade de recuperar (a través dun real decreto) a autorización administrativa dos ERE tal e como existía antes da reforma laboral do PP, ou a urxencia de aprobar medidas que senten as bases dunha tarifa industrial estábel, predicíbel e competitiva, imprescindíbel para facilitar a viabilidade da fábrica e do conxunto da industria electrointensiva do país.
Tarifa eléctrica galega
Nesta liña, Carril criticou a actitude obstrucionista do goberno do PP na Xunta nestes anos, que se negou a asumir a ILP pola tarifa eléctrica galega que a CIG levou ao parlamento en 2015, avalada por máis de 18.000 sinaturas, tres deputacións e máis de 50 concellos. Nesa iniciativa, unha das medidas recollidas era precisamente a creación dunha tarifa eléctrica propia que, atendendo á condición de Galiza como produtora e exportadora de enerxía, contemplaba unha rebaixaba do 30% nas peaxes do sistema eléctrico. Así como garantir que a enerxía galega se poña ao servizo do noso desenvolvemento económico e social e a creación de emprego.
“Daquela o PP rexeitou a proposta argumentando que non sería beneficioso para Galiza ter unha tarifa diferenciada. Pero de terse asumido a nosa ILP, hoxe estaríamos nunha posición máis vantaxosa para afrontar a ofensiva de Alcoa, defender os postos de traballo e a capacidade produtiva”, afirmou.
A intervención pública, posíbel se hai vontade política
Ao tempo, o secretario xeral da CIG criticou que o Goberno español non está dando pasos para preparar a intervención pública da planta e que a Xunta do PP non só non puxo en marcha medidas na defensa da nosa industria, senón que agora, ante a ameaza de destrución de 800 empregos directos e a incerteza sobre o futuro da fábrica, “sae dicindo que a intervención pública non procede. Cando a intervención pública é posíbel se hai vontade política, porque legalmente é posíbel”, como así consta nun informe elaborado hai un ano pola Universidade da Coruña a petición da CIG.
“Con esta actitude, o Goberno de Feixoo ponse do lado dos intereses de Alcoa, non do lado dos traballadores/as e da veciñanza da Mariña que, ante esta grave situación, están reclamando a nacionalización da fábrica como unha saída. A intervención pública preséntase hoxe como a resposta necesaria e obrigada ante o carácter estratéxico do aluminio e da enerxía e como mellor forma de garantir o emprego e a industria”, sentenciou.



















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



