Ribadeo, 15 de xuño de 2020. Acisa Ribadeo pon dende hoxe en marcha unha nova campaña de promoción de Ribadeo, como o mellor destino de compras e de ocio. Ademais a asociación estrea unha nova imaxe corporativa.
Pensando en ti é o lema da nova campaña de promoción que Acisa Ribadeo inicia nesta xornada de luns para potenciar a imaxe de Ribadeo coma un destino excepcional de vacacións, ocio e compras.
O presidente da patronal ribadense, Francisco Iriarte, indicou que “co comezo da nova normalidade en Galicia e coa previsible apertura da fronteira con Asturias o luns que ven, pensamos que xa era o momento de reactivar a nosa labor potenciando a imaxe de Ribadeo, para recordarlle os nosos veciños e veciñas que seguimos estando aquí, pensando neles e esperándoos, cos mellores produtos e servizos, o mellor prezo e cumprindo con todas as medidas de seguridade e hixiene”. E engade “estas semanas de desescalada podemos dicir que nos serviron de adestramento para adaptarnos ás novas normas e hoxe todo o empresariado tanto de comercio como de hostalaría está a prestar os seus servizos de forma totalmente segura para os nosos clientes”.
Pola súa banda o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “esta campaña comeza hoxe e aínda que terá maior intensidade nas primeiras semanas non rematará ata setembro. Estará presente en toda Galicia e Asturias utilizando diferentes medios e formatos. Queremos que o nome de Ribadeo soe e se vexa durante todo o verán en ambas comunidades”.
Iriarte subliñou que “a campaña pretende reforzar a imaxe turística da vila, dando conta de todo o que se pode facer en Ribadeo durante o verán como mercar, comer, cear, vir de vacacións, vir de ponte, vir de fin de semana …”.
Cambio de imaxe corporativa
Acisa Ribadeo ven de renovar a súa imaxe, con novos logotipos e imaxes corporativas. Pérez Prada sinalou que “se trata dunha renovación que levabamos tempo querendo facer, e tras este período de parón forzado cremos que podía ser o momento adecuado, a modo de reinicio coma se empezásemos de cero, dunha forma global. O novo logotipo, conserva a esencia do anterior, tanto a chave de Ribadeo, símbolo de Acisa dende os seus inicios, coma a bandeira de Galicia, pero dándolle un aspecto mais moderno. Tamén se sacou o nome do interior do logo, para facelo mais visible e deseñamos unha tipografía diferente, para deste xeito facer mais visible o nome de Ribadeo nas campañas que fagamos e que veciños e visitantes identifiquen mellor as nosas actividades coa nosa vila”.
O xerente de Acisa engade que “esta renovación da imaxe é o primeiro paso de toda unha serie de cambios que, se non hai novidade, se farán ao longo do ano, dentro dun proxecto integral de renovación e modernización de Acisa”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



