Burela, 15 de xuño de 2020. Mañá, 16 de xuño, Burela celebra o Día da Atención Temperá. O Concello burelés xestiona a unidade comarcal que presta servizo a 95 familias.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, asegura que “foron longos meses para as 95 familias que se atenden dende a Unidade de Atención Temperá de Burela, unidade que actúa sobre a poboación infantil de 0-6 anos, a súa familia e o seu contorno. E ten por obxecto dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelo, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social”.
A edil burelesa dixo que “foron meses nos que as profesionais do servizo, unha pedagoga, unha psicóloga e unha logopeda, coa nova modalidade do teletraballo estiveron en contacto coas familias intentando resolver dúbidas e conflitos derivados da propia situación, facendo un seguimento do programa de intervención de cada caso adaptando e seguindo os obxectivos e actividades propostos. Ademais de participar nas reunións de carácter autonómico convocadas por AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) co obxectivo de intentar actuar coa maior profesionalidade nesta época de desconcerto”.
Carmela López subliñou que “mañá, 16 de xuño, día no que familias e profesionais se unen para reivindicar un desenvolvemento integral para os nosos nenos e nenas, dende o Concello de Burela e dende a Concellería de Servizos Sociais queremos poñer en valor este servizo. Trátase dunha unidade de atención comarcal xestionada polo Concello de Burela dende o ano 2006 e que atende a familias de toda A Mariña Lucense. E unímonos na loita para seguir conseguindo avances e melloras co obxectivo de implementar un sistema público universal de coidados no desenvolvemento no que xunto aos centros de desenvolvemento infantil e atención temperá ocupan un lugar fundamental os servizos sanitarios, os servizos educativos e os servizos sociais, numerosas entidades e as administracións públicas”.
E engadiu: “como cita o último párrafo do manifesto da Federación Española de Asociacións de Profesionais da Atención Temperá: a todos convocamos para afrontar o reto que nos leve a ser un país de vangarda no coidado da saúde, a educación e o benestar de todos os nosos nenos e nenas. #AgoraMáisTemperá”.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



