Ribadeo, 10 de xuño de 2020. O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, subliñou que durante o estado de alarma ocasionado polo Covid-19 entre pagos xa realizados, medidas implantadas e accións previstas produciuse unha reorientación do orzamento de 2020 por un valor que supera o millón e medio de euros co obxectivo de amortecer o impacto do coronavirus e reactivar a economía e a sociedade.
Para o edil nacionalista os populares presentaron unha moción xenérica que non entrou no detalle das propostas para Ribadeo nin na forma de financiamento. Pablo Vizoso dixo que se dedicaron a solicitar a implantación de medidas, que xa foron adoptadas polo equipo de goberno desde o inicio do estado de alarma.
Vizoso Galdo dixo que “no día de onte celebramos dous plenos no Concello. O segundo tratou sobre a proposta de estratexia socio económica presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular. E teño que dicir que no pleno evidenciouse que, a pesares de que o portavoz do Grupo Popular manifestaba que se trataba dunha proposta específica para Ribadeo, na realidade o que propuxo foi unha moción das cualificadas como tipo ou estándar e resultou ser basicamente xenérica sen entrar no detalle das propostas nin na forma de financialas”.
O concelleiro ribadense indicou que “a maior parte da súa intervención dedicouna a solicitar a implantación de medidas e de accións que xa están adoptadas desde os primeiros momentos do estado de alarma por parte do Concello de Ribadeo como poden ser o aprazamento do pago de impostos, a suspensión das taxas de terrazas, ocupación da vía pública, mercados ou o servizo de asesoramento á cidadanía, autónomos e empresas, que contou cun nivel de resposta realmente elevado”.
Pablo Vizoso manifestou que “o equipo de goberno desde o primeiro momento da aparición desta crise leva traballando de forma coordinada e planificada en medidas coma as comentadas no ámbito fiscal e noutras doutro tipo, pero de importante alcance no ámbito da protección social como son os cheques de alimentos, en medidas de liquidez como pago a provedores que permitiu axilizar o pago de facturas por máis de 630.000 euros dende o pasado 13 de marzo e que evidentemente supón un alivio nas contas de moitos autónomos e empresas provedoras. Por suposto no plano da reactivación económica propiamente dita: precisamente no pleno anterior aprobouse o convenio ampliado con Acisa e tratamos en detalle liñas do plan de reactivación do Concello, que contempla medidas como o portal de empresas de proximidade de Ribadeo, a presentación dunha estratexia de produción alimentaria territorial, campañas de incentivación do consumo, accións de dinamización ou un programa de mellora comercial e de transformación dixital. No Turismo seguimos traballando para posicionar a Ribadeo como destino seguro, destino de natureza, ademais de punto de inicio de Camiño Norte, evidentemente aspectos de gran valor no momento actual. E no capítulo de investimentos públicos traballamos na mellora da rede viaria nos núcleos rurais e no espazo urbano e na rede de saneamento.
O concelleiro de Economía subliñou que “en conxunto, entre pagos xa realizados, medidas implantadas e as accións previstas estamos falando dunha reorientación do orzamento deste ano por un valor que supera o 1.500.000 euros co obxectivo de amortecer o impacto do coronavirus e reactivar a economía e a sociedade”.
E engadiu: “de tódolos xeitos somos conscientes de que é necesaria a colaboración e a participación doutras administracións públicas con competencias nestes asuntos e, polo tanto, propostas sensatas e honestas polo progreso de Ribadeo serán sempre ben recibidas”.




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



