San Cibrao, 11 de xuño. O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á presidencia da Xunta e portavoz da coalición, Antón Gómez Reino, asegurou hoxe que “se non hai unha solución de futuro para Alcoa antes do 12 de xullo, o futuro Goberno de progreso da Xunta fará unha intervención pública decidida para garantir o emprego e a viabilidade das dúas factorías en Galicia”.
Gómez Reino, e o cabeza de lista por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, mantiñan hoxe unha xuntanza co Comité de Empresa da antiga Alcoa en San Cibrao, na que recolleron o malestar dos representantes sindicais logo de encallar a negociación coa empresa na tarde de onte.
O portavoz trasladoulles a proposta da coalición de urxir un plan de rescate de Alcoa no que se impliquen todas as Administración públicas con todos os recursos precisos para garantir tanto os empregos como a viabilidade da planta.
“Levamos meses e mesmo anos reinvindicando e mobilizándonos ao carón dos seus traballadores: esta factoría é fundamental para A Mariña, para Lugo e para o país. Cómpre lembrar que é a única planta de producción de aluminio primario do Estado”, remarcou Gómez Reino. “É fundamental e imprescindible garantir todos os empregos a viabilidade no inmediato, pero tamén a medio e longo prazo das dúas fábricas de Alcoa en Galicia”.
“Hai sensibilidade e vontade do Ministerio de Industria de procurar unha solución pero creo que é evidente que o señor Feijoo é o mudo nesta situación. Leva anos sen facer nada nin por Alcoa nin polo conxunto do tecido industrial galego”.
“Desde Galicia en Común sinalar a absoluta irresponsabilidade do popular Núñez Feijóo, que en dez anos de Goberno con plenas competencias da Xunta en Industria, tal e como lle faculta o artigo 30 do Estatuto de Autonomía de Galicia; Feijóo mirou para outro lado, centrouse en desviar o foco da súa inacción e foi un espectador pasivo e cómplice do desmantelamento da industria de Galicia e da destrución de miles de postos de traballo no sector e da depauperación de comarcas enteiras”.
“Alcoa é o exemplo máis dramático de como a desidia e a incompetencia dun gobernante borra a Galicia do mapa, subsumida na súa ambición persoal e política. Con Feijóo, Galicia non existiu. Gardou silencio mentres se desmantelaba o país e estamos convencidos de que mirará para outro lado despois das eleccións”, sinalou Gómez Reino.
“Non o permitiremos”. remarcou o voceiro. “O futuro Goberno de progreso a fronte da Xunta exercerá as competencias que ten atribuídas para garantir a viabilidade de Alcoa na Coruña e San Cibrao e traballar arreo no deseño dun novo modelo produtivo para Galicia que ofreza seguridade xurídica e o apoio institucional ás empresas para garantir non só o mantemento do emprego, senón a creación de postos de traballo no sector”.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



