Viveiro, 11 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro proporá no pleno extraordinario que terá lugar o luns, 15 de xuño, a aprobación do expediente de contratación para a prestación do servizo de axuda no fogar nas modalidades de libre concorrencia e dependencia, así como a aprobación do gasto correspondente ao referido contrato e a aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares, prescripcións técnicas e memoria xustificativa, entre outras cuestións necesarias para a súa prestación.
O Servizo de Axuda no Fogar ten por obxeto prestar un conxunto de atencións, no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizada, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal.
A súa finalidade esencial consiste na prestación de apoio persoal, doméstico, psicosocial, educativo e técnico, orientado a facilitar ás persoas beneficiarias a autonomía necesaria para manterse no seu medio habitual.
Poderán ser usuarios e usuarias deste servizo todas aquelas persoas residentes no Concello de Viveiro que cumpran cos requisitos xerais para ser beneficiario do mesmo, conforme ao establecido na Ordenanza Municipal reguladora do servizo de axuda no fogar, e para o caso de que este recurso sexa o máis adecuado despois da prescripción técnica favorable dos servizos e as persoas valoradas como dependentes, que accedan ao servizo de axuda no fogar a través do sistema de atención á dependencia.
Trátase dun contrato de servizos, no que o concello mantén o control e a xestión do servizo nos termos establecidos no prego de prescripcións técnicas, sendo necesaria a contratación da execución do servizo obxecto deste ao carecer de medios propios necesarios para a súa prestación.
O contrato do servizo de axuda no fogar sácase a licitación por procedemento aberto estando suxeito a regularización armonizada polo seu importe. Este servizo englobará tanto a libre concorrencia como dependencia, licitándose ambas modalidades nun único lote co fin de favorecer a coordinación por parte do concello da prestación deste servizo e tendo en conta, asemade, que se trata dun servizo social que se caracteriza por ser unha prestación de carácter técnico profesional no que a integridade das atencións prestadas resulta imprescindible para proporcionar unha resposta funcional e efectiva ás persoas usuarias; ademais, a máxima reducción do número de profesionais intervintes constitúe un elemento clave para garantir o establecemento de relacións acordes á consideración do que debe ser unha correcta intervención social de caso.
A pesar da xestión indirecta deste servicio, o Concello de Viveiro, a través dos seus servizos sociais municipais, seguirá exercendo un amplo control sobre o SAF; xa que como prestación básica do Sistema de Servizos Sociais que é, o acceso ao servizo, a coordinación desta atención con outras intervencións sociais que se poidan estar desenvolvendo nun caso, o seguimento e evaluación da evolución das circunstancias socio familiares, así como supervisión xeral da prestación del SAF, será asumida plenamente polo persoal municipal designado ao efecto.
Nos pliegos establécese que o prazo de duración inicial do contrato será de 2 anos, coa posibilidde de prórroga de 1 ano máis, sendo o presuposto máximo do contrato, para o prazo inicial de dous anos, de 2.694.917,05 euros (IVA excluído).
Entre a documentación obrante no expediente constan os informes preceptivos e memoria económica do prezo do contrato que, tras a análise entre a prestación do servizo con medios propios e externos, conclúe a favor da contratación externa do servizo.
No prego de prescripcións técnicas que vai rexir este contrato regúlanse os requisitos e características de prestación do servizo, atendendo ao cumprimento das esixencias normativas, como por exemplo no referido á ratio de persoal por usuarios ou á aplicación do convenio colectivo do sector.
Nos pregos vai contemplado o incremento de usuarios e mais o incremento de horas de prestación; ademais, tamén se recollen posibles melloras na prestación do servizo.
Por todo isto e tendo en conta a documentación obrante no expediente, proponse ao pleno que se aproben os acordos incluídos neste punto para a prestación dun servizo, o do SAF, no que se establecen os seguintes obxectivos:
Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
Posibilitar a permanencia da persoas no seu contorno de convivencia habitual.
Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.
Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.
Previr situación de dependencia e exclusión social.
Retardar ou evitar a institucionalización.























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



