Ribadeo, 11 de xuño de 2020. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo lamenta que o Principado de Asturias renuncie a permitir a mobilidade con Galicia a partir do próximo luns, 15 de xuño.
Desde a directiva de Acisa sinalan que “es una lástima que no se apueste por permitir la movilidad entre esta comarca natural que forman el Oriente de la Mariña lucense y el Occidente asturiano. Son muchos los vecinos y las vecinas que llevan tres meses sin poder visitar a sus familiares a un lado y al otro de la ría. Y son muchos también los asturianos y asturianas, que teniendo en Ribadeo su segunda residencia, no pueden desplazarse hasta aquí”.
A Asociación de Comerciantes de Ribadeo, que aglutina a máis de 170 socios e socias e dos que un número importante son asturianos, non entende a decisión adoptada hoxe polo Principado: “lo normal sería que entre regiones que avanzamos en la misma fase de la desescalada, y ahora que estamos empezando a ver la luz al final del túnel, estas movilidades entre Asturias y Galicia y viceversa se permitiesen”.
E engaden que “el comercio y la hostelería ribadenses echan de menos a su clientela asturiana, que acude los fines de semana a disfrutar de los domingos en Ribadeo o a pasar sus puentes y vacaciones entre nosotros. El Covid-19 nos ha hecho mucho daño a todos y estos posicionamientos no ayudan. Las relaciones que mantenemos son de doble sentido. Hay muchos ribadenses que van a las playas de Asturias y también a aprovechar otros servicios. Y ahora no pueden hacerlo”.
Desde Acisa poñen de manifesto “las dificultades que están teniendo incluso algunas empresas para efectuar la recogida y el reparto de suministros entre Ribadeo y localidades del Occidente astur, debido a los estrictos controles que están llevando a cabo las fuerzas del orden público con el objetivo de impedir las movilidades entre ambas regiones”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



