Burela, 26 de xuño de 2020.- Esta semana o Sr. Llano e o seu concelleiro de deportes anunciaban as actividades de verán para os nenos e nenas de Burela e sorprendían cunhas declaracións relativas a súa loable e razoable preocupación pola seguridade de todos eles. O certo é que “a sombra cérnese sobre o Sr. Llano e o seu concelleiro de deportes no referente á seguridade dos máis novos de Burela”, manifestan os populares.
Dende o PP de Burela indican que “agora din que lles preocupa a seguridade pero, esta aparente preocupación, deberíana de ter sempre e non só para publicar un novo anuncio dos moitos que fan”.
Fontes do PP burelao reflicten que “esta preocupación sería máis crible se houberan concretado a obra de urxencia que dende o Grupo Municipal Popular (GMP) foi solicitada xa a principios de ano para o acondicionamento do cerramento do campo de fútbol de herba artificial da Marosa, así como algunha das instalacións accesorias ao mesmo, onde tódalas semanas acoden centos de nenos para adestrar”.
“No primeiro pleno ordinario do ano, respondendo á inquietude do GMP, Llano afirmou que dita obra se ía levar a cabo cos fondos do Plan Único”. O tempo pasou e, ao ver que dita obra non estaba incluída no mencionado Plan, os populares decidiron solicitala unha vez máis pero, na segunda tentativa do Sr. Llano para sacar adiante o Plan Único, os 23.000 euros que solicitaba o GMP para empezar a acondicionar a seguridade do campo municipal, tampouco apareceron. “E todo elo, unha vez máis, co beneplácito do BNG”, afirman dende o PP.
“A reportaxe gráfica que aportamos é incuestionable”. “O estado das instalacións, de competencia municipal, son lamentables, tanto no aspecto hixiénico como sanitario”, chegando a afirmar dende o PP que “isto é o que nos parece realmente cínico, ámbolos dous, afirman que se preocupan pola seguridade dos máis novos da nosa vila, cando o que teñen demostrado é precisamente todo o contrario”.
Polo tanto “como xa indicamos a afirmación que fan sobre a súa suposta preocupación pola seguridade dos nenos e nenas de Burela tería crédito se houberan concretado a obra solicitada polo GMP do campo municipal da Marosa que afecta directamente á seguridade destes”, conclúen dende o PP.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



