Lugo, 25 de xuño de 2020. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e cabeza de lista das eleccións autonómicas, Patricia Otero, afirmou que “o vindeiro 12 de xullo precisamos un Goberno progresista para o ben dos galegos e das galegas, un goberno concibido non para gobernar contra ninguén, senón a favor da cidadanía, dos traballadores e traballadoras, da man da Galicia emprendedora que representan os empresarios do noso país e que xogan un papel fundamental na nosa economía”. No PSdeG representamos a alternativa real e posible de goberno fronte ao PP de Feijóo, Casado e Candia”.
“No PSdeG representamos a alternativa real e posible de goberno fronte ao PP de Feijóo, Casado e Candia”. Así o dixo en Lugo, na Praza Anxo Fernández, no acto de comezo de campaña electoral que arrincou coa tradicional pegada de carteis, e onde estivo acompañada polo candidato numero 2 da provincia, Luís Álvarez e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
Agora máis que nunca precisamos dun cambio
A dirixente socialista dixo que “o PSdeG lidera a maioría de esquerdas que existe na nosa comunidade, e que se activará para dar a Galicia o cambio que necesita tras 11 anos de goberno do PP de Feijóo. Agora máis que nunca precisamos dun cambio para ter á fronte da Xunta un goberno comprometido con Galicia e cos galegos, non podemos perder esta oportunidade única. Fronte á agonía económica que deixa o PP, propoñemos un cambio na Xunta para impulsar unha Galicia emprendedora”, replicou.
“Comprobamos como é necesaria unha nova política económica e industrial cun goberno socialista á fronte da Xunta que pase páxina aos 11 anos de agonía da política económica e industrial do PP. Feijóo non puxo en marcha nin unha soa iniciativa en materia industrial e agora recollemos os seus froitos”, denunciou.
“O PP nin xerou emprego, nin tivo capacidade de impulsar o tecido económico e produtivo e carece de folla de ruta para enfocar os retos da transición enerxética ou a dixitalización. Estamos diante dun goberno galego esgotado, carente de iniciativa nin impulso para o futuro do país. Feijóo xa non é crible”, dixo a candidata.
Patricia Otero puxo en valor, no primeiro acto de campaña electoral, o traballo dos Alcaldes e Alcaldesas socialistas da provincia e a Deputación de Lugo, sobre todo durante esta crise. “Eles son a referencia para un goberno mellor para Galicia, e que souberon responder con solvencia durante a pandemia do COVID, crecéndose ante as adversidades. Eles son o mellor espello para abrir unha páxina de progreso e de futuro na Xunta tralo 12 de xullo”.
Seguir avanzando
Luís Álvarez remarcou “estas son eleccións son clave, por iso debemos aproveitalas para a apoiar un goberno progresista presidido por Gonzalo Caballero. O voto do día 12 de xullo ten que servir para seguir avanzando en cuestións como a defensa dos servizos públicos, a igualdade, a educación ou a sanidade. E tamén ten que ser a aposta por un goberno que faga pular a economía e para que non deixe morrer o noso tecido industrial, vital na nosa provincia”.
Caballero Presidente aliado
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reivindicou unha maioría progresista para o 12 de xullo. “Os concellos fomos os grandes abandonados polo Goberno de Feijóo, e amosou claramente que non estivo á altura nesta crise. Lugo precisa de inversións e necesitamos un Presidente comprometido que aposte polas cidades. Gonzalo Caballero vai ser o Presidente aliado que poña en marcha o Museo da Romanización, desatascar o Plan Paradai ou a Ronda Leste. Merecemos estar no mapa das inversións da Xunta”, insistiu Méndez.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



