Lugo, 18 de xuño de 2020. As infraestruturas suficientes e en boas condicións son un dos piares fundamentais para o desenvolvemento das poboacións e para garantir calidade de vida aos cidadáns. Os veciños da Fonsagrada e de Navia reclamaron durante anos a mellora da estrada provincial que une estas dúas vilas. Despois de moitos retrasos, a Deputación iniciou as obras, pero só afectan ás cabeceiras da vía, en tramos, en cada caso, de, aproximadamente, catro quilómetros. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, demanda do presidente da Deputación que adopte as medidas oportunas para que a reforma e mellora afecte a toda a vía e se revise o seu trazado nalgúns puntos.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, visitou as obras da estrada LU-P-1901 (A Fonsagrada-Navia) acompañado polos voceiros locais do PP, José Luís Regueiro e Suso Fernández, que insistentemente demandaron á Deputación a reparación desta estrada. Castiñeira tivo ocasión de coñecer as queixas dos veciños en relación con estas obras.
Castiñeira recorda que “esta obra foi adxudicada no ano 2018 e tiña que estar rematada en marzo de 2019; leva máis dun ano de retraso, despois dunha década na que os veciños a pediron insistentemente”. Algúns residentes nesta zona din que a pesar da ampliación que se fai da calzada nos dous únicos tramos que son obxecto de mellora, quedan puntos excesivamente sinuosos e outros nos que a estrada chega practicamente ás portas das casas, co perigo que iso supón.
O portavoz provincial do PP destaca: “As obras afectan só a dous tramos, de catro quilómetros cada un; quedan, polo tanto, quince quilómetros no medio sen arranxar e núcleos como Queizán, Cabanelas, Louxas, Lamas de Moreiras, Cuiñas e Porteliña seguen tendo unha estrada nas condicións lamentable nas que está na actualidade”.
Na visita ás obras, os representantes do PP apreciaron “improvisación na execución dos traballos nalgún dos tramos, especialmente na zona de Navia, porque unha vez feita a pavimentación, agora se proxecta un muro de contención, o que suporá desfacer parte do xa feito”. Este muro de contención viña sendo pedido dende moitos meses atrás polo Partido Popular de Navia.
Castiñeira sinala: “Pedimos ao goberno provincial que tome en serio aos veciños da Fonsagrada e de Navia e que a Deputación asuma un arranxo total desta vía, que é moi necesaria para estas localidades da montaña lucense, que parecen estar abandonadas polo equipo que preside o socialista José Tomé”.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



