Muros, 18 de xuño de 2020. O vicesecretario xeral do PSdeG e cabeza de lista ás eleccións autonómicas por A Coruña, Pablo Arangüena, denunciou en Muros a “campaña de difamación e mentiras” artellada polo PP e o goberno galego en relación á normativa de costas, como vén de replicar hoxe mesmo o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Así o dixo nun encontro coa militancia celebrado hoxe en Muros dirixido, explicou, a “desmontar as falacias vertidas polo PP contra o goberno”.
O responsable socialista explicou que, lonxe da versión do PP, “a única alusión á costa do Proxecto de Lei de Cambio Climático refírese a que as concesións teñen un prazo máximo de 75 anos, ademais de que nada impide a súa renovación unha vez esgotadas”. Criticou a “interpretación torticeira e disparatada dun artigo” do proxecto de leí por parte do PP e do goberno galego.
Criticou que “sen embargo omítese que a instancias do PSdeG o Ministerio comprometeuse a modificar a normativa de Costas da man do sector”. Ademais, engadiu, “comprometeuse explicitamente a favorecer de tódalas formas posibles o mantemento das explotacións económicas asociadas á costa de Galicia”.
Subliñou que, lonxe da “campaña de falacias artellada coa única intención de xerar incerteza e inseguridade”, o goberno “traballa para garantir a seguridade xurídica e física da actividade económica nas costas galegas. Arangüena citou á ministra de Transición Ecolóxica, que onte comprometeuse no Congreso a ter en conta á industria do mar e ao sector marítimo alimentario.
Campaña irresponsable
Dixo que os socialistas galegos, en sintonía co goberno de España, “defendemos ao sector marítimo pesqueiro de Galicia”, mentres o PP, da man do goberno galego, “leva dende 2019 facendo unha campaña irresponsable baseada en falsidades e buscando confrontar ao sector co goberno presidido por Pedro Sánchez”.
Explicou que “o goberno actúa conforme ao ditado pola Lexislación vixente en materia de concesións e prórrogas”, e lembra que a normativa foi precisamente aprobada durante o mandato do PP. Explicou que “o goberno abriuse a dialogar e incorporar perspectivas que poidan mellorar a realidade actual”.
Arangüena subliñou que “os socialistas galegos defendemos que tanto a aplicación actual como desenvolvementos futuros se fagan en consonancia coa nosa realidade marítimo – pesqueira e industrial”. Engadiu que “calquera desenvolvemento será feito sempre defendendo, posibilitando e potenciando aos noso sector marítimo-alimentario, que non é un problema medioambiental senón unha realidade social, económica e ata cultural”.
Acusou ao goberno galego e ao PP de “manter a súa estratexia de tentar enganar para xerar alarmismo na busca de réditos electorais”, e esixiulles “un mínimo de responsabilidade” para “eliminar dúbidas e deixar de facerlle dano ao noso sector marítimo – industrial e pesqueiro”.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



