Burela, 20 de xullo, 2020. O Pescados Rubén Burela FS de Primeira División masculina, que ultima detalles para iniciar a pretempada a partir do 27 de xullo, estreará a liga o 5 de setembro. Así deu a coñecer a RFEF este mediodía, tras a reunión telemática do Pleno do Comité Nacional de Fútbol Sala, que aprobou por unanimidade o calendario de Primeira División Masculina de Fútbol Sala 2020/2021, o calendario de Segunda División Masculina de Fútbol Sala 2020/2021 e o calendario de Seleccións Nacionais de Fútbol Sala 2020/2021.
Datas de Primeira Masculina
– 5 de setembro: Inicio de competición de Primeira División de Fútbol Sala
– Do 8 ao 11 de outubro, Barça e ElPozo Murcia Costa Cálida deberán disputar a Final Four da Champions League que se disputará en Barcelona.
– Xa en decembro -do 18 ao 20-, terá lugar a Final Four da Copa de SM O Rei 2019/2020, que coincidirá coa Final Four de SM A Raíña. Torneo que non puido celebrarse cando estaba previsto, debido á crise xerada polo coronavirus.
– 9 e 10 xaneiro: Supercopa de España
– 25-28 de marzo: Copa de España
– 15 de maio: A última xornada da competición regular de Primeira División
– En canto á Final da Copa de SM O Rei 2020/2021, optouse polo 21, 22 e 23 de maio.
– E entre o 3 e o 30 de xuño xogarase o play-off polo título de Primeira División.
Segundo se informa desde a RFEF, o calendario estará supeditado en todo momento ás recomendacións e indicacións das autoridades sanitarias.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
