Burela, 21 de xullo, 2020. A saúde do estudantado matriculado nos centros de ensino secundario de Burela é o tema central dunha tese de doutoramento defendida na mañá do día 17 de xullo de 2020 por Ainara Díaz Geada, profesora na Faculdade de Enfermaría da Universidade de Santiago. Co traballo titulado Desigualdades en saúde no estudantado de Ensino Secundario Obrigatorio dunha poboación multicultural (Burela, Lugo), a autora superou con éxito a participación no programa de doutoramento en epidemioloxía e saúde pública, onde contou coa orientación do Doutor Francisco Caamaño Isorna e da Doutora Lucía Moure Rodríguez.
Graduada pola mesma Faculdade en que actualmente exerce docencia, Ainara Díaz Geada (Nois-Foz, 1992) combinou os estudos do Mestrado en Epidemioloxía e Saúde Pública (2016) co traballo como enfermeira no Hospital Público da Mariña e no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (2014-2019).
Segundo consta na propia tese, nesta investigación avaliánse as desigualdades sociais en materia de saúde entre os estudantado adolescente de Burela: “propuxémonos avaliar o efecto do xénero, a procedencia e as desigualdades en saúde sobre consumo de alcol, tabaco e cannabis; así como coñecer a relación entre o consumo destas substancias psicoactivas e o bullyng co estado de ánimo negativo e afondar nas influencias contextuais nestas condutas, en poboacións con características socioeconómicas e número de habitantes similar, mediante a comparación destas asociacións en adolescentes de Burela fronte aos da Cataluña Central”.
Lembramos que a intervención educativa Modelo Burela tentou tender pontes de comunicación entre escola e centros de saúde a través do documental Saúde e sensibilidade, producido polo IES Perdouro e dirixido e realizado por Matías Nicieza.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



