Lugo, 18 de xullo 2020. A Deputación de Lugo informa de que a estrada LU-P-260, no concello de Xove, estará cortada ao tráfico entre o luns e o mércores da vindeira semana entre os puntos quilométricos 2,1 e 2,3 debido aos traballos de mellora que a institución provincial está acometendo vía, que conecta o centro da capitalidade co Portiño de Morás. A estrada estará cortada en concreto polos traballos para enlazar a vía existente co treito en variante que se está construíndo.
A institución provincial instalará previamente sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios desta vía.
Estas obras, nas que a Deputación de Lugo inviste 270.000€, afectan a case 3 quilómetros da estrada, dende o punto quilométrico 0,4 ata o 2,85. As actuacións consisten na ampliación do ancho da plataforma, o que permitirá ter dous carrís de 2,75 metros cada un. Ademais, tamén se están drenando e afirmando as zonas ensanchadas, para posteriormente pavimentalas con aglomerado en quente. Estímase que estes traballos queden rematados a finais do verán, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



