O día 29 de xullo ás oito e media da tarde, celebramos na librería Bahía un encontro entre dous grandes escritores: Berta Dávila –Carrusel é a súa última novela, editada por Galaxia- e Juán Tallón –A súa última novela é Rewind, editada por Anagrma vai xa pola súa terceira edición_
Este encontro enmarcase dentro do programa AFINIDADES ELECTIVAS. ENCONTRO LITERARIO que promove o Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro.
No encontro debullará cada un a súa relación coa obra do outro: afinidades, cousas en común, sorpresas, diverxencias…
Trátase dun formato orixinal que sen dúbida entusiasmará a quenes aman a literatura.
Cumpriremos escrupulosamente con todas as medidas de seguridade, e por ese motivo, pedimos inscrición previa a través das redes sociais, mail: bahia@libreriabahia.com ou teléfono: 982140434
En caso de que o número de inscricións fose moi alta, buscaríamos un lugar alternativo con máis capacidade.
Os dous autores van estar asinando a súa obra na librería Bahía de Ribadeo o mesmo día 29 de xullo, mércores, de seis a sete da tarde.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



