Foz, 21 de Xullo de 2020. O C. D. Foz, sigue o seu rumbo sin prisa pero sin pausa, ás últimas incorporacións sumamos tres máis que son: Xenxo, recuperado de novo; Noceda, procedente do Mondoñedo; e Jorge, formado na canteira do C.D. Foz e que últimamente estaba no Celta Barreiros.
Según o Presidente, José María García Rivera que manifesta que a situación non é nada fácil, estamos intentando confeccionar un equipo con garantías pero temos problemas que consideramos importantes ao marchar xogadores clave para a boa marcha do equipo. Claro, temos que pensar que dous deles marcharon a un equipo de terceira división como é o Viveiro C.F. e non poñemos ningunha obxeción, ao contrario desexamos o mellor para todos.
Por outro lado estamos en conversa con xogadores que pertenceron ao Clube a temporada pasada e que aínda non decidiron aceptar seguir con nós unha temporada máis, esperemos que as conversas cheguen a porto e que se integren o antes posible, se non é así completaremos con Juveniles do noso equipo, que se unirían ás catro altas xa feitas por pasar de Juveniles en materia de idade.
O Presidente recalca unha vez máis que este Club non só ten que atender o equipo aficionado, senón que ten que mirar para a súa canteira composta por: Infantiles, Cadetes e Juveniles, e colaboración coas escolas de fútbol. Somos conscientes que a veces todo esto da moito traballo, pero non concebiríamos un Clube histórico coma o noso sen coidar a canteira.
Finalmente dicir que estamos expectantes de cómo será a nova tempada, sabemos que vai haber cambios importantes e que teremos que gardar toda a seguridade para que as cousas se fagan como ordenan as normas.
Non quería deixar esta oportunidade para pedirlle á afición que teña confianza no seu equipo, así coma ós nosos socios e colaboradores, que sabemos perfectamente que é un ano malo, pero que nos axuden a salvar o Clube que sempre decimos que é tarefa de todos.
Presidente .José María García Rivera























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
