Lugo, 7 de xullo de 2020. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a cabeza doe lista do BNG de Lugo, Olalla Rodil, denunciaron o abandono que sofre Lugo a respecto das conexións ferroviarias e a escasa actividade da súa estación. As nacionalistas subliñaron que o BNG ten o firme compromiso de impulsar un sistema ferroviario público, o Galtren que vertebre o país e que dea servizo de proximidade á cidadanía cun goberno de cambio galego liderado por Ana Pontón tras o 12 de xullo.
“Unha vía sen electrificar e con moitas dificultades para chegar a outras cidades: esta é a realidade ferroviaria en Lugo”, denunciou Ana Miranda na súa visita á estación, na que tamén participou o portavoz municipal Rubén Arroxo e responsables nacionalistas da comarca. No encontro, Miranda explicou a súa propia experiencia tratando de viaxar de Vigo a Lugo: “o primeiro tren do día sae ás 17.15 da tarde e chega ás 21.26, polo que tiven que vir en coche, polo que non se pode ir e vir no día. Esta é a Galicia, Galicia, Galicia que di Feijóo”.
Para Ana Miranda esta situación é “un desleixo e un agravio, sobre todo existindo fondos europeos que poderían vir para a modernización do tren”. Neste sentido lembrou a aprobación dun fondo europeo de 320 millóns de euros do Fondo Europeo de Investimento. “Os gobernos dunha e outra cor, do PP e do PSOE están deixando fondos europeos sen executar no noso pais”, criticou a portavoz do Bloque en Europa.
“Desde o BNG queremos exercer as nosas competencias, para poder ter un tren digno, de cercanías, que una e vertebre o noso país, o noso territorio, entre a costa e o interior; e cuxos traxectos teñan un prezo normal”, explicou Ana Miranda, quen sinalou que o prezo do billete entre Vigo e Lugo é de 23,50€. “De Bruxelas a París, que son 287 quilómetros, estou en hora e media”, apuntou.
Cohesión do territorio
Pola súa banda, a candidata nacionalista Olalla Rodil, destacou que ao feito da dificultade de viaxar de Vigo a Lugo, súmase que nesta lexislatura o PP suprimiu o autobús que conectaba de maneira directa a cidade de Lugo coa cidade de Vigo. “Hoxe mesmo é imposible chegar de maneira directa por carreteira en autobús á cidade de Lugo desde Vigo. Este é o exemplo de cal é o grao de illamento que temos nesta provincia, da falta de servizos que conecten a poboación”.
“Temos claro que este 12 de xullo esta situación ten que quedar atrás. Necesitamos activar, vertebrar e cohesionar o territorio e a nosa poboación como un elemento fundamental para desenvolver todas as potencialidades que temos en Lugo”, subliñou a candidata nacionalista. Nesta liña salientou que o BNG propón a creación do Galtren, o tren de proximidade galego “facendo valer as nosas competencias para deixar atrás a Galiza parada do Partido Popular e 11 anos de desleixo e de desconexión de Lugo co resto do país”.
Segundo salientou Olalla Rodil “ten que vir un tempo novo da man de Ana Pontón e o BNG coa aposta decidida polo tren de proximidade, un medio de transporte máis sostible que calquera outro”. Ademais, a candidata do Bloque lembrou o moito que leva pelexado Ana Miranda “para que Galiza se conecte co corredor atlántico de mercadorías, que tamén ten un punto clave no porto seco de Monforte, pero que segue criando silveiras por culpa do PP”, concluíu.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



