Foz, 20 xullo, 2020. O BNG de Foz volve a reivindicar o dereito ao correcto funcionamento dos servizos sanitarios do noso concello. Semella que a tras anovar a acta como deputado do PP, o Sr Vázquez Almuiña mantén o desleixo da sua etapa previa, con medidas que empeoran as deficiencias xa sistémicas no noso Centro de Saúde. O SERGAS lonxe do anunciado apoio a Atención primaria que debía ser nesta fase da pandemia cerne do seguimento aos pacientes, non so non se fai ningún reforzo (era visto) se non que persisten a ausencia de cobertura das baixas de sanitarios de todalas categorías profesionais, por enfermedade ou por vacacións despois de ter esixido en plena pandemia que se aclarara con meses de antelación as datas dos permisos para poder facer coberturas que NUNCA se realizaron. Por riba os sanitarios (facultativa e DUE) que algún ano eran contratados en tempada estival para atender aos doentes desprazados, este ano non o foron no mes de xullo, inventandose unha modalidade de DUE sen facultativa que a sua vez cubre parcialmente as ausencias programadas, moi creativos no SERGAS. Semellaba que debería ser esta equipa quen realice o seguimento de posibles casos Covid 19 dos doentes desprazados segundo publicita o SERGAS en cartelería abundante na nosa bisbarra. Hai para propaganda, pero non para os sanitarios precisos para o mellor control da pandemia. O Centro de Saúde continúa “funcionando” cun sobreesforzo xa eterno dos seus traballadores, po mor das reiteradas e inadecuadas coberturas, e esta ausencia de reforzo de desprazados rematará por incrementar a por si enorme carga de traballo dun cadro de persoal xa insuficiente. É xa a enésima non cobertura de ausencias programadas destes e doutros dos profesionais que exercen o seu dereito ao descanso, algo realmente moi grave. Continuamos sen o segundo TES na ambulancia con base en Foz, agardemos que non decidan como no Salnés e a fagan desaparecer. Algo rutinario na Xunta, que non saben como xustificarse ou declaran que non hai persoal ou peor ainda que é culpa dos profesionais. Só hai un responsable, o goberno do PP. Os veciños de Foz e o BNG esixen o adecuado funcionamento dos seus servizos públicos, tamén no centro de saúde de Foz.
