Foz, 24 de xullo de 2020. O Departamento de Medio Ambiente e Medio Rural considera que a compostaxe é parte da solución para contribuir a reducción da pegada medioambiental e para mellorar o noso entorno, o noso Concello e o noso Planeta, e está a ser xa un dos eixos de funcionamento da Concellería.
Prodúcense centos de kilos de materia orgánica en cada casa nun ano, e coa compostaxe evitamos que pasen ao camión do lixo; non van ir en tren ou camión a Sogama, non se van incinerar. Polo tanto eses residuos non van producir contaminación no país e vanse aproveitar para xerar enriquecemento do solo dentro da propia vivenda, en suma estamos falando so de ventaxas, ista é a filosofía esencial da compostaxe doméstica. É un proceso limpo, ecolóxico, que non produce cheiros, para isto o máis recomendable é dispor dun colector específico para a compostaxe. Non se necesitará facer gasto en mantemento, pois non require de ningún tipo de mecanismo.
O venres 24 de xullo, despois de ter sido adiado po la pandemia, fíxose entrega as veciñas e veciños anotados durante estes meses, dos primeiros 15 composteiros facilitados tras as xestións do Departamento con Sogama e o Fondo de Compensación ambiental. Son individuais, fáciles de instalar no exterior das vivendas ou nas eiras anexas. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que finalmente foron acompañados dun pequeno manual de instrucións de como realizar o proceso da compostaxe de xeito correcto, substituindo así a charla formativa prevista cos manuais para cumplir coas medidas da pandemia. O vindeiro luns 27 entregaranse outros 15 xa adxudicados e, nos vindeiros días continuaranse entregando por quendas ate un total de 70 as veciñas anotadas previamente.
Iniciase xa a anotación na Oficina de Medio Ambiente do Concello de novas persoas interesadas para outra próxima nova entrega. O Departamento realizará próximamente novas accions moi interesantes e novidosas na nosa Bisbarra neste eido medioambiental.