Viveiro, 5 de agosto, 2020. A alcaldesa e concelleiros do PSOE, María Loureiro, Suso Fernández, Lara Fernández-Noriega, Jesús F. Cal, Marisol Rey, César Iglesias, Emilio Villarmea e Victoria Baamonde, votaron en contra da moción do BNG que pedía transformar Viveiro nunha vila ciclábel e amábel coas bicicletas.
A moción elaborada polo BNG en consenso con asociacións, colectivos e persoas particulares de Viveiro, foi tumbada no pleno do 4 de agosto polo PSOE, sendo os únicos votos en contra os do actual Goberno Municipal onde o seu concelleiro de deportes, César Iglesias Docal, deixou claro que o seu partido non estaba a favor de ningún dos puntos desta moción. Puntos que propoñían cousas tan básicas como; a creación de ciclorúas, que segundo o concelleiro César Iglesias non teñen sentido, incluso sendo esta solución a práctica máis habitual que están a utilizar en toda Europa para dar solución e seguridade as bicicletas. Dotar de aparcabicicletas os lugares públicos segundo o concelleiro, o Goberno Municipal xa colocou alí onde llos solicitaron, Míriam Bermúdez lembroulle o Rogo do BNG no 2019 para dotar as praias e outros lugares públicos do concello que aínda hoxe non se materializou, e que no concello non hai aparcabicis nin nas praias nin nos lugares públicos e de gran afluencia. Permitir amarrar libremente na rúa as bicicletas sempre e cando non entorpeza a circulación peonil, segundo César Iglesias tamén se trata dun punto negativo, xa que arrimar unha bici deterioraría o mobiliarío urbano, Bérmudez aclaroulle que con esta medida está demostrado que se incentivan as compras no comercio local. Zonas avanzadas de espera ciclista nos semáforos, segundo César Iglesias non se poden facer pois non está contemplado no regulamento de circulación, Míriam respondeu que moitas vilas e cidades levan décadas pintando estas zonas avanzadas tanto para bicis como para motos. Promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel, di que está ben potenciar a bicicleta pero que o Concello xa está en xestións para humanizar zonas do concello, sen ter nada que ver a proposición coa resposta. En canto ao punto relacionado coa creación dunha comisión de seguemento e estudo, segundo o concelleiro de Deportes, xustificou tamén o voto desfavorábel do PSOE dicindo que se debera convocar esta comisión antes do pleno, aínda sendo a alcaldía o único organismo con potestade para crear comisións.
“Resulta escandaloso que un Concelleiro de Deportes sexa capaz de desbotar unha moción que só buscaba potenciar e dar seguridade ás bicicletas” asegura Míriam Bermúdez, “e máis estando nun momento histórico no que o uso da bicicleta no noso concello aumentou nun 1000%, con moita xente agardando paraque se fixera algo para protexer e fomentar o seu uso”. “Dende o BNG facilitamos o texto da moción 2 meses antes do pleno para facela en conxunto con todos os partidos, para que nos preguntasen e poder aclarar as dúbidas, así como modificar, quitar ou engadir o que fixera falta para mellorar o rol da bicicleta en Viveiro. Hai moita xente que non está a coller a bici por medo, porque as políticas municipais de ordenación de tráfico están ausentes ou son desastrosas e non se ten en conta a necesidade de protexer as persoas máis vulnerábeis da calzada.
“Só era necesaria vontade política, mais por desgraza o único que se constatou”, afirma Bermúdez, “foi que o PSOE de María Loureiro non tiña nin o máis mínimo interés en aprobala, cun argumentario carente de información e de interese por facer que Viveiro fora unha vila propia do século XXI e amábel coas bicicletas.”
A votación do pleno finalizou cos únicos votos en contra do PSOE de María Loureiro:
BNG, Por Viveiro e Son Viveiro: a favor.
PP: abstención.
PSOE: en contra.
COMISIÓN DE SEGUEMENTO E ESTUDO
Aínda así, Míriam Bermúdez insiste en que, un dos eixos fundamentais do BNG é devolver as vilas e cidades ás persoas, humanizando os espazos e favorecendo o transporte público e medios sustentábeis e amábeis coas persoas como son as bicicletas. Polo que a concelleira do BNG solicitou por rexistro o día seguinte ao pleno, a creación dunha comisión de seguemento e estudo co fin de impulsar a creación de viais de preferencia ciclista e de carrísbici ao longo de todo o concello, para tratar nesta comisión a reducción da velocidade a 30km/h nas zonas urbanas coa creación de ciclorrúas, as zonas avanzadas de espera, a instalación de aparcabicis que permitan atar a bici ao cadro e a permisividade de amarrar as bicicletas libremente en farolas, sinais e árbores sempre e cando permitan a circulación peonil cómoda.
Sendo tamén obxectivo desta comisión o de crear e promover campañas de sensibilización e apoio ao medio ciclábel co obxectivo de avivar o interese polo desprazamento nestes medios, permitindo a participación aos membros das asociacións interesadas (veciñais, deportivas…) do municipio así como a un membro de cada partido politico.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



